Homo gautengensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homo gautengensis
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Prehistórica
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Homínidos
Xénero: Homo
Nome científico
Homo gautengensis
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

Homo gautengensis é unha especie de homínido proposta polo antropólogo Darren Curnoe no 2010. A especie sería para restos fósiles de homínidos africanos que antes se tiñan clasificado como Homo habilis, Homo ergaster ou nalgún caso como Australopithecus. Curnoe argumenta que sería unha das primeiras especies do xénero Homo[1]

Descuberta e análises[editar | editar a fonte]

No 2010 Curnoe a publica a revisión de un cranio conservado parcialmente de xacementos de Sudáfrica nas covas de Sterkfontein , preto de Xohanesburgo, que se tiña escavado décadas antes. Nel clasifícase a nova especie como Homo gautengensis. Outros autores descartan a clasificación como esa especie polos conflitos coas clasificacións de "Australopithecus sediba"[2]. Os primeiros restos da especie foran descubertos no 1930 por Broom e Robinson e o cranio máis completo (especie Holotitpo Stw 53) levantada do xacemento en 1977, a cal fora clasificada como Homo habilis[3]. Este rango de especie está a proponse como sinónimo de “A. africanus”, mais a meirande parte dos analistas considérano dentro do xénero Homo, tendo sido xa proposto os restos desta como especie nova antes de que Curnoe a propuxera.

Xeocronoloxía[editar | editar a fonte]

A identificación de Homo gautengensis está baseada en cranios parciais, varias mandíbulas, dentes e outros ósos atopados en diferentes momentos e en diferentes lugares de A cuna da humanidade, Sterkfonteins e arredores. O espécime máis antigo é de Swartkrans e data de entre 1.9 e 1.8 millóns de anos[4]. Un especime da cova de Gondolin data de aproximadamente 1.8 mill. de anos[5][6]. Outros especimes de Sterkfontein, o membro 5, data de entre 1.4 e 1.1 mill. de anos[7].

Descrición[editar | editar a fonte]

Segundo Curnoe Homo gautengensis tiña unha ampla boca axeitada pola mastigación de material de plantas[8]. Tiña un "cerebro pequeno" e "longos dentes", e "era probablemente un especialista ecolóxico, moito máis consumidor de material vexetal ca Homo erectus, Homo sapiens, e incluso ca Homo habilis". Aparentemente produciría ferramenta e incluso prendería lume, xa que hai constancia de queima de ósos de animais asociados con restos de H. gautengensis. Estímase que tería unha altura de 90-100 centímetros, andaba a dous pés cando andaba polo chan "mais probablemente gastaba moito tempo subido a árbores, seguramente alimentándose, durmindo ou escapándolle aos depredadores", segundo Curnoe.

Propúxose que non tería capacidade nin capacidades lingüísticas. Pola súa anatomía e idade xeolóxica, suxírese que está relacionado directamente con Homo sapiens mais que non é directamente un antecesor deste.

Consecuencias da proposta[editar | editar a fonte]

A comezos do 2010 anunciouse a descuberta dun novo fósil da especie de primate Australopithecus sediba. A. sediba semella máis primitivo ca H. gautengensis mais viviron no mesmo tempo e no mesmo lugar". Con iso, apréciase que por H. gautengensis o Australopithecus sediba é menos candidato a ser antecesor dos humanos actuais.

Un motivo para a rápida descuberta de especies Homo é pola mellora nas metodoloxías de análise, habitualmente baseadas en anteriores descubertas e traballo con secuenciación xenómica, o que fai que haxa un mellor entendemento de onde poden existir novos xacementos e estudalos mellor[8]. Oa contrario do que a cAustralopithecus garhi

Curnoe propón a Australopithecus garhi, que foi atopada en Ethiopia e que data de arredor de 2.5 millóns de anos, é unha mellor candidata a ser o primeiro antecesor non-Homo na liña evolutiva de Homo sapiens. Porén, outros autores indican que "un múltiple número de especies, seguramente de curta duración, de proto-humanos viviron tanto no leste como sur de África no periodo de 2 a 1 millón de anos atrás" e poden ser realmente calquera desas o antecesor común dos actuais Homo sapiens[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Curnoe, D. A review of early Homo in southern Africa focusing on cranial, mandibular and dental remains, with the description of a new species (Homo gautengensis sp. nov.).. HOMO - Journal of Comparative Human Biology. vol.61 pp.151–177. 2010.
  2. Lee Berger et al.
  3. [http://www.springerlink.com/content/y076510l33023557/ "Reappraisal of the taxonomic status of the cranium StW 53 from the Plio/Pleistocene of Sterkfontein, in South Africa"
  4. Pickering et al. 2011, "Contemporary flowstone development links early hominin bearing cave deposits in South Africa" Earth and Planetary Science Letters 306 (1-2) , páx. 23-32.
  5. Adams et al., 2007. "Taphonomy of a South African cave: geological and hydrological influences on the GD 1 fossil assemblage at Gondolin, a Plio-Pleistocene paleocave system in the Northwest Province, South Africa" Quaternary Science Reviews 26 (19-21) , páx. 2526-2543
  6. Herries et al., 2006. "Speleology and magnetobiostratigraphic chronology of the GD 2 locality of the Gondolin hominin-bearing paleocave deposits, North West Province, South Africa" Journal of Human Evolution 51 (6) , páx. 617-631
  7. Herries et al., 2009. "A multi-disciplinary seriation of early Homo and Paranthropus bearing palaeocaves in southern Africa" Quaternary International 202 (1-2) , páx. 14-28
  8. 8,0 8,1 8,2 "Get Ready for More Proto-Humans"
Evolución humana
Hominidi
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus
Australopitecinos
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus
Humanos e Proto-humanos
Kenyanthropus platyops
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens