Paranthropus robustus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paranthropus robustus
Rango fósil: Plistoceno
Caveira de Paranthropus robustus
Caveira de Paranthropus robustus
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Subfamilia: Homininae
Xénero: 'Paranthropus'
Especie: ''P. robustus''
Nome binomial
Paranthropus robustus''
Broom, 1938
Sinonimia

Australopithecus robustus (Dart, 1938)

Paranthropus robustus

O Paranthropus robustus (tamén coñecido como Australopithecus robustus) é unha especie homínida que viviu entre hai 1'9 e 1 millón de anos no sur de África.
Os primeiros restos da especie descubriunos en 1938 en Sudáfrica Robert Broom, logo que un traballador dunha mina lle levase un fragmento de mandíbula que contiña un molar, de grandes dimensións, e que descubrira un rapaz da zona, que o conduciu a unha cova de Kromdraai, onde atopou máis restos, que el denominou Paranthropus robustus, aínda que no momento non triunfou e clasificouse como Australopithecus rubustus, pero actualmente boa parte dos especialistas opinan que son tan diferentes do resto dos Austrolopithecus que deben colocarse noutro xénero, polo que resucitaron o nome que lle dera Broom.

Os achádegos de Kromdraai consisten maioritariamente en restos de cranios, mandíbulas, dentes e máis algúns restos de ósos do brazo, os cadrís e os pés; mentres os achádegos de Swartkrans, tamén comenzados a escavar por Broom, son máis amplos incluíndo un cranio case completo e numerosos restos poscraniais.

Características[editar | editar a fonte]

O corpo do Paranthropus robustus era semellante ao Australopithecus africanus, pero moito máis robusto e grande, con premolares e molares moi grandes, aínda que os dentes dianteiros eran máis pequenos co que tiña máis humana. Tiña unha altura de 1'1 m as femias e 1'3 os machos, e o seu peso variaba entre os 40 e os 80 kg para os machos e 32-40 kg para as femias. Tiña un volume cranial de 530 cc, os seus brazos eran longos en relación ao corpo. Xunto os restos atopáronse ósos traballados nos extremos, o que indicarían que se utilizaban para escarvar, e algún tamén queimados, o que podería indicar a domesticación do lume, pero é difícil de saber.

Evolución humana
Hominidi
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus
Australopitecinos
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus
Humanos e Proto-humanos
Kenyanthropus platyops
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens