Comunicación oral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A comunicación oral é o xeito de comunicación humana, que se dá mediante unha lingua natural (xa sexa esta oral ou signada) e que está caracterizada pola inmediatez temporal. Na comunicación directa a produción da mensaxe por parte do emisor e a compresión do mesmo por parte do receptor é simultánea e prodúcese mediante a relación interpersoal. Esas condicións danlle ás mensaxes unha estrutura discursiva especial que se contrapón a outras formas de comunicación humanas coma a comunicación escrita ou a comunicación non verbal.

[editar] Algunhas características da comunicación oral directa

A comunicación oral admite retrousos, a redundancia, reiteracións, saltos dun tema a outro, onomatopeias, e frases feitas, oracións inconclusas, omisións, desorde nos elementos da oración, etc. En forma complementaria, apóiase nos códigos non verbais coma os acenos, posición do corpo.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas