Paranthropus boisei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paranthropus boisei
Rango fósil: Plistoceno
Reconstrución de Paranthropus boisei
Reconstrución de Paranthropus boisei

Caveira
Caveira

Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: 'Paranthropus'
Especie: ''P. boisei''
Nome binomial
Paranthropus boisei''
(Mary Leakey, 1959)
Sinónimos
  • Australopithecus boisei

(Dart, 1938)

  • Zinjanthropus boisei

(Louis Leakey, 1959)

O Paranthropus boisei (anteriormente tamén coñecido como Australopithecus boisei) foi unha especie homínida que habitou en África oriental entre hai 2,3 e 1,2 millóns de anos.

Os primeiro fósil, un cranio coñecido como OH5, descubriuno Mary Leakey na garganta de Olduvai en 1959 e Louis Leakey deulle o nome de Zinjanthropus boisei.

A colección de fósiles máis ampla recolleuse arredor do Lago Turkana polo equipo de Richard Leakey, destacando KNR ER 406, un cranio dun individuo masculino e adulto. O fósil KGA 10-525 procedente do sitio peleontolóxico de Konso (Etiopía) atopado en 1993 constitúe o único cranio con mandíbula que se atopou desta especie, pero ademais polo medio no que foi atopado dedúcese que o hábitat era de sabana.

Características[editar | editar a fonte]

O seu cerebro tiña unha capacidade de 530 cc, a altura media era de 1,4 m, cun peso de entre 40 e 80 kg. Tiña grandes premolares e era unha especie especializada, cunha alimentación baseada en vexetais duros, de baixo valor nutritivo. A especie tiña un marcado dimorfismo sexual. Era semellante ao Paranthropus robustus, pero máis robusto e corpulento ca el.

Evolución humana
Hominidi
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus
Australopitecinos
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus
Humanos e Proto-humanos
Kenyanthropus platyops
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens