Pérmico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Era[1] Período Millóns de anos
Paleozoica Pérmico 299,0 ±0,8
Carbonífero Pensilvaniense 318,1 ±1,3
Misisipiense 359,2 ±2,5
Devónico 416.0 ±2,8
Silúrico 443,7 ±1,5
Ordovícico 488,3 ±1,7
Cámbrico 542,0 ±1,0

O pérmico ou permiano é un período da escala de tempo xeolóxico, correspondente á era Paleozoica do eón Fanerozoico que comezou hai 299,0 ± 0,8 millóns de anos e acabou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos.[2] [3]

Como coa maioría dos períodos xeolóxicos, os estratos que definen o principio e o final do período están ben identificados, pero a data exacta do inicio é incerta por uns poucos millóns de anos. O final do período está marcado por unha grande extinción que está datada con maior exactitude.

O pérmico segue ao carbonífero e precede ao triásico, e debe o seu nome aos extensos xacementos na rexión ao redor da cidade de Perm, en Rusia. Os xacementos pérmicos consisten principalmente en estratos vermellos continentais e exposicións mariñas pouco profundas.

Fósiles pérmicos.

No pérmico houbo importantes cambios climáticos cunha tendencia xeral de climas tropicais a condicións máis secas e áridas. Produciuse unha contracción dos pantanos. Extinguíronse gran cantidade de fieitos arborescentes (Lycopodiophyta) e anfibios, que requirían condicións húmidas. Os fieitos con semente, os réptiles e os réptiles mamiferoides herdaron a Terra. Os glaciares do carbonífero sobre a rexión polar do sur de Gondwana retrocedeeron durante o pérmico.

Neste período desenvolveuse a oroxenia herciniana, que levou á formación do gran supercontinente chamado Panxea.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]