Carbonífero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Era Período M. anos
Paleozoico Pérmico 299,0 ±0,8
Carbonífero Pennsylvaniano 318,1 ±1,3
Mississippiano 359,2 ±2,5
Devónico 416.0 ±2,8
Silúrico 443,7 ±1,5
Ordovícico 488,3 ±1,7
Cámbrico 542,0 ±1,0

O período Carbonífero debe o seu nome o carbón que se iniciou hai uns 300 millóns de anos. Cando as árbores mortas e outros vexetais caían en pantanos quedaban cubertos de lodo. Co tempo os restos vexetais secáronse e formaron o que chamamos turba. Enterrada baixo capas de terra e rocha a gran profundidade, a turba quedou comprimida e quentouse ata que ó final converteuse en carbón.

[editar] Características

Este período transcorreu entre hai uns 361 e 290 millóns de anos. No carbonífero os dinosauros, os mamíferos e as aves aínda non existían. As plantas que evitaban a terra eran grandes equisetos, antigos parentes de pequenas plantas como os fentos de hoxe en día. Neste período formáronse numerosos deltas, especialmente en Europa e en América. As vastas cordilleiras que formaran durante o Devónico comezan a desgastarse pola acción do vento e da chuvia. As rochas eran trituradas ata formar unha area fina chamada limo, que se acumulaba cando a auga que as transportaba chegaba ó mar. Esta terra húmida e pantanosa atopábanse en tupidas selvas.

Este intervalo de tempo coñécese tamén como a era dos anfibios, pois as condicións eran as axeitadas para eles. Había moita auga onde podían desovar, pero non podían poñer os ovos no medio terrestre. Ó desenrolar as criaturas ovos con casca solucionouse o problema anterior do desove exclusivo no medio acuático, que permitiu nacer en terra as crías. Foi cando no carbonífero apareceron os primeiros réptiles a partir dun grupo de anfibios e con eles levouse a cabo a definitiva conquista do medio terrestre. A partir deste momento comeza o auxe dos dinosauros. O carbonífero contemplou a evolución dos primeiros réptiles, antepasados tanto dos dinosauros como dos mamíferos. Outros animais máis pequenos vivían tamén no solo do bosque; estes animais pequenos parecíanse moito ás lagartas.

As árbores do período non se parecían ás árbores actuais, pois en realidade eran versións xigantescas dalgunhas plantas que hoxe chamamos equisetos e licopodios. As ramas e as follas das árbores formaban un teito sobre a selva, sumindo o solo na escuridade. Cerca do solo había unha densa maraña de fentos que crecían na húmida terra; esta componse de capas de vexetación descomposta e esmagada.

[editar] Flora e fauna

Aviculopecten, Syringothyris.

Os Lepospóndilos constituían un grupo de anfibios insectívoros de menor tamaño. O seu nome fai referencia á estruturas das súas vértebras. Estes anfibios evolucionaron durante o período carbonífero e sobreviviron ata finais do Pérmico. Durante este período de 100 millóns de anos, desenvolveuse unha variedade de pequenos lepospóndilos, semellantes ás píntegas ou as serpes.

O Crassigyrinus viviu a principios do Carbonífero en Europa, concretamente en Escocia, e media 2 metros de lonxitude. Era un ser de aspecto estraño, incluso para un anfibio primitivo. Tiña o corpo alargado, similar ó de un peixe, cunha larga cola e extremidades diminutas. A cabeza medía uns 30cm de lonxitude e as mandíbulas repletas de dentes, que se abrían enormemente. Os ollos eran especialmente grandes e estaban situados moi xuntos un do outro. Estas desusadas características indican que había perdido o uso das súas extremidades e que volvera á vida na auga. Os seus dentes son os de un comedor de peixes e o seu hidrodinámico corpo fai pensar que era un veloz depredador. O tamaño dos seus ollos podía indicar que cazaba en augas escuras e cargadas de sedimentos dos pantanos do Carbonífero,nadando como unha anguía entre e abundante vexetación.

O Greererpetón viviu a principios do Carbonífero en América do Norte e media 1,5 metros de lonxitude. A forma do seu corpo era ideal para os desprazamentos na auga, con sinuosas ondulacións ó estilo das anguías. A cabeza baixa e achatada, de uns 18cm de lonxitude, repousaba sobre un pescozo breve, conectado a un corpo sumamente alargado (con arredor de 40 vértebras dorsais) e terminando nunha larga aleta caudal. As patas eran curtas, cada unha con cinco dedos que lle servían para manobrar e frea na auga. Os sucos abertos ós lados do cranio constitúen un legado dos seus antepasados. Estes sucos marcan a posición, na vida do animal, da liña lateral sensorial capaz de detectar as vibracións transmitidas pola auga. A estrutura do oído deste habitante da auga estaba pouco desenrolada, a diferenza da que se observaba na dos anfibios terrestres.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas