Homínido de Denisova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os homínidos de Denisova ou Denisovianos son membros dunha especie de Homo ou unha subespecie de Homo sapiens da époda do paleolítico. En marzo do 2010 fíxose o anuncio do descubrimento dos restos do oso dun dedo dunha femia xuvenil que vivira hai 41,000 anos e que se atopou nunha cova de Denisova, nas altas montañas de Siberia. Nesa cova hai xacementos de humanos modernos e Neanderthais[1][2][3]. Posteriormente localizáronse ósos de pés e dous dentes de diferentes membros da mesma poboación.

As análises do ADN mitocondrial (mtDNA) do óso do dedo mostrou unha diferenza xenética cos dos mtDNA dos Neanderthais e os humanos modernos. Estudos posteriores do xenoma nucleolar deses espécimes indican que ese grupo comparte unha orixe común cos Neandethais e que abranguían de Siberia a o Surés de Asia. Terían hibridado con antecesores dos humanos modernos, sendo ata o 6% do ADN dos malesianos e os aborixes australianos derivado dos Denisovianos[4].

Unha comparación co xenoma de Neandethais da mesma cova revelou unha alta hibridación local, chegando a compartir cos Neanderthais dese punto ata o 17% do xenoma. Esa mesma comparación revela unha hibridación cunha liñaxe humana non identificada[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Scientists Map An Extinct Denisovan Girl's Genome (en inglés)
  2. []DNA from bone shows new human forerunner, and raises array of questions. The Washintong Post. 25 de Marzo do 2010. (en inglés)
  3. Krause et al. "The complete mitochondrial DNA genome of an unknown hominin from southern Siberia". 2010. Nature.
  4. [2]"Denisovans Were Neanderthals' Cousins, DNA Analysis Reveals". New York Times. 22 de decembro do 2010.
  5. [3]Pennisi."More Genomes from Denisova Cave Show Mixing of Early Human Groups". Science. Vol 340, páx 799. 2013
Evolución humana
Hominidi
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus
Australopitecinos
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus
Humanos e Proto-humanos
Kenyanthropus platyops
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens