Australopithecus africanus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Australopithecus africanus
Rango fósil: Plioceno
Caveira
Caveira
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Australopithecus'
Especie: A. africanus''
Nome binomial
''Australopithecus africanus''
Dart, 1925

O Australopithecus africanus é unha especie homínida do xénero Australopithecus cunha antigüidade de entre 3,3 e 2,5 millóns de anos, no Plioceno. O A. africanus estaba máis evoluído que o Australopithecus afarensis, cun cranio máis arrondeado e semellante ao humano, e o cerebro máis grande en relación ao tamaño do corpo.

Características[editar | editar a fonte]

Australopithecus africanus

O nome deullo Raymond Dart ao describir o Neno de Taung en 1924, o primeiro fósil austolopitecino que se atopou, aínda que foi rexeitado nun primeiro momento pola comunidade científica. En 1936 Robert Broom descobre en Sterkfontein o segundo fósil da especie, Broom continúa as escavacións en Sterkfontein ata 1947, ano no que se descobre o fósil coñecido como Mrs Ples, un esqueleto case completo dun A. africanus macho, o que corroborou as investigacións de Dart. A maioría dos fósiles de A. africanus atopáronse en Sudáfrica, cuns poucos restos en Koobi Fora e outros lugares de África.

O Australopithecus africanus era bípede, pero tamén podía abalarse entre as árbores, e aínda que podía empregar esporadicamente útiles, non era cazador. O seu peso estímase entre 30 e 60 kg e a altura en 1,5 m

Evolución humana
Hominidi
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus
Australopitecinos
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus
Humanos e Proto-humanos
Kenyanthropus platyops
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens