Homo sapiens arcaico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homo rhodesiensis "Cranio de Broken Hill", data de hai 130,000 anos

Os Humanos arcaicos ou Homo sapiens arcaico son un termo vagamente definido que se emprega para referirse a un rango de especies do xénero Homo que datan de menos de 500,000 anos de antigüidade, e parar resaltar contrastes cos humanos modernos. Esta categoría habitualmente inclúe a Homo heidelbergensis, Homo rhodesiensis, Homo neanderthalensis e mesmo ás veces a Homo antecessor[1].

Os humanos modernos en teoría evolucionaron a partir de humanos arcaicos, cando estes evolucionaron a partir de Homo erectus. As variedades de humanos arcaicos algunhas veces inclúese dentro do nome binomial de Homo sapiens xa que o seu tamaño cerebral, entre 1200 e 1400 cc, era semellante ao dos actuais humanos. Os humanos arcaicos distínguense polo máis groso cranio, os prominentes arcos supraciliar (as cellas) e a falta dunha amplo queixo[1].

Os humanos anatomicamente modernos puideron ter aparecido entre hai 70 mil ou 200 mil anos atrás, marxinalizando gradualmente ás variedades arcaicas. As variedades non modernas de Homo sobreviviron sen dúbida ata hai 30 mil anos, e posiblemente ata tan recentemente como hai 10,000 anos.

Que variedades ou especies se acollen dentro de "humanos arcaicos" vai en función das definicións propostas por diferentes autores. Porén, de acordo con estudos de xenética recentes, suxiren que os humanos modernos téñense reproducido con cando menos dúas poboacións de humanos arcaicos: cos Neandertais e e os Denisovianos[2].

Terminoloxía e a definición[editar | editar a fonte]

A categoría de humanos arcaicos carece dunha única, e baixo acordos, definición[1]. Unha das propostas é considerar a Homo sapiens como unha única especie que abranguía aos humanos modernos e os arcaicos como varias subespecies desta. Con esa definición, os humanos modernos serían Homo sapiens sapiens e os arcaicos serían subespecies como Homo sapiens neaderthalensis ou Homo sapiens heilderbergensis, e igualmente para as restantes. Outros taxónomos prefiren non considerar aos humanos arcaicos e modernos como unha única especie mais como varias especies diferentes. Nese caso a taxonomía estándar que se emprega é, por exemplo, Homo rhodesiensis ou Homo neanderthalensis.[1]

Porén, as liñas que dividen os humanos modernos dos Homo sapiens arcaicos son etéreas. Os fósiles mais recentes coñecidos dos humanos anatomicamente modernos, como os restos de Omo, datan de 195,000 anos, os de Homo sapiens idaltu, de 160,000 e os restos de Qafzeh de 90,000 anos e son recoñeciblemente humanos modernos. Mais aínda con iso, eses espécimes mostran mesturas de trazos de arcaico, como os máis suavizados e non prominentes arcos das cellas.

Expansión do tamaño encefálico[editar | editar a fonte]

A aparición dos humanos arcaicos emprégase ás veces como unha exemplo do equilibrio interrompido[3]. Isto acontece cando as especies mostran unha ampla evolución biolóxica nun curto período temporal. O tamaño da masa encefálica en humanos arcaicos expandiuse significativamente de 900 cm3 eh Homo erectus a 1300 cm3 no Homo sapiens sapiens. Desde ese momento de expansión en volume nos arcaicos, aprézase unha tendencia de decline[4].

Orixe da lingua[editar | editar a fonte]

Robin Dunbar ten argumentado que os humanos arcaicos foron os primeiros en empregar a linguaxe. Baseándose na análise das relacións entre o tamaño da masa encefálica e o tamaño do grupo de homínidos, conclúe que os humanos arcaicos tiñan cerebros amplos xa que tiñan que convivir en grupos de ata 120 indivíduos. Arguméntase que sendo a poboación dese tamaño a lingua permite que se dea a convivencia e cohesión nese grupo como para que poida seguir manténdose e non se desintegre[5][6]. En chimpancés o tamaño das poboacións non supera os 50 individuos.

Notas[editar | editar a fonte]