Australopithecus anamensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Australopithecus anamensis
Rango fósil: Plioceno
Óso de A. anamensis na Universidade de Zúric
Óso de A. anamensis na Universidade de Zúric
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Subfamilia: Homininae
Xénero: 'Australopithecus'
Especie: ''A. anamensis''
Nome binomial
''Australopithecus anamensis''
M.G. Leakey et al., 1995

O Australopithecus anamensis é unha especie do xénero Australopithecus.

Os primeiros restos, un úmero, descubriunos un equipo da Universidade Harvard durante unha campaña realizada nun estrato do Plioceno da rexión de Kanapoi no leste do lago Turkana en 1965. O exemplar asignouse na época a un Australopithecus de catro millóns de anos de antigüidade.

Pouca máis información houbo ata que en 1987 o arqueólogo canadense Allan Morton descubriu fragmentos dun exemplar nun outeiro parcialmente erosionado en Allia Bay preto do Lago Turkana, aínda así houbo que agardar seis anos para que Meave Leakey e Alan Walker excavaran Allia Bay e atoparan moitos fragmentos adicionais do homínido, incluída unha mandíbula inferior completa que lembraba a dun chimpancé (Pan troglodytes) pero cunha dentamia máis semellante á dun humano, con esmaltes grosos nos molares, o que indica unha alimentación con grans e froitos secos ademais de vexetais. En 1995 Meave Leaky e os seus compañeiros por mor das diferenzas entre o Australopithecus afarensis e os restos atopados, deron en asignar estes a unha nova especie A. amanensis, derivando o seu nome do vocablo turkana anam (lago), cunha datación de 4.200.000 anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Evolución humana
Hominidi
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus
Australopitecinos
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus
Humanos e Proto-humanos
Kenyanthropus platyops
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens