Homo floresiensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homo floresiensis
Homo floresiensis.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Prehistórica
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Homínidos
Xénero: Homo
Nome científico
Homo floresiensis
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

Homo floresiensis (Home de Flores, co alcume de Hobbit e Flo) é unha especie extinta do xénero Homo. Os restos dun individuos que podería ter 0,91 metros de altura descubriuse en setembro de 2003, nunha gruta da illa indonesia de Flores. Atopáronse esqueletos parciais de nove individuos, entre os cales hai un cranio humano completo. [1][2]

O achado destes restos abriu un intenso debate para determinar se pertencían a unha especie diferente dos humanos modernos. Este homínido destaca pola súa baixa estatura, corpo miúdo e cerebro e por ter sobrevivido ata hai moi pouco tempo, xa que se estima que a extinción sería tan só hai 12.000 anos[3]. Recollidos a canda os restos de esquelos están ferramentas de pedra do horizonte arqueolóxico de entre 94,000 a 13,000 anos atrás. Pénsase que este homínido tería sido a orixe das crenzas de Ebu gogo nas Illa de Flores

Os arqueólogos que realizaron a descuberta, Mike Morwood et al., propuxeron unha variedade de características, tanto primitivas como derivadas, que determinan a clasificación como unha nova especie, H. florensiensis[3], dentro dos Homínidos, da que a única especie existente hoxe en día é o H. sapiens sapiens, os bonobos (xénero Pan) e chimpancés (xénero Pan). Incluso Morwood et al. propoñen que a especie viviu contemporaneamente nas illas de Flores[4].

O sitio arqueolóxico espertou axiña as teorías de que os restos foran parte dunha nova especie e antropólogos como Teku Jacobo teñen suxerido que forman parte dos humanos modernos. Estudos paleneurolóxicos desbotaron esa posibilidade. Investigacións ortopédicas do 2007 do H. florensiensis asentan a clasificación da nova especie. Un estudo de tres partes dos osos carpais conclúen que hai similitudes cos ósos carpais dos chimpancés e cos primeiros homínidos, como Australopithecus, pero diferenzas cos ósos de humanos modernos[5][6][7]

Un estudo de ósos e articulacións dos brazos, ombros e o baixo das cadeiras suxire que eran máis semellantes aos primeiros humanos e gorilas que aos humanos modernos. Outro estudo de medidas comparativa do corpo dálle forza a esta hipótese de Homo floresiensis e Homo sapiens como especies separadas.

As posturas críticas á posición de rango de especie argumentan que eses individuos eran Homo sapiens con patoloxías anatómicas ou fisiolóxicas. Outro argumento é que sería unha poboación con unha disfunción hormonal tiroidea que dera lugar a un cretinismo endémico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brown et al.."A new small-bodied hominin from the late Pleistocene of Flores, Indonesia". Nature, 431:1055-61. 2004
  2. Morwood M. et al."Further evidence for small-bodied hominins from the Late Pleistocene of Flores, Indonesia". Nature, 437:1012-1017. 2005.
  3. 3,0 3,1 Morwood M. et al."Archaeology and age of a new hominin from Flores in eastern Indonesia". Nature, 431:1087-91. 2004.
  4. [1]]"How a hobbit is rewriting the history of the human race". The Guardian. (en inglés) Accedido por última vez o 1/09/2013.
  5. [2]Tocheri et al..The primitive wrist of Homo floresiensis and its implications for hominin evolution. Science. 2007 Sep 21;317(5845):1743-5. 2007.
  6. [3]"Taking sides in the battle of the 'hobbit'". New Scientist. 2006.
  7. Argue, Debbie; Morwood, M.; Sutikna, T.; Jatmiko; Saptomo, W. "Homo floresiensis: A cladistic analysis". Journal of Human Evolution Volume 57, nº 5, novembro 2009, Pages 623-63
Evolución humana
Hominidi
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus
Australopitecinos
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus
Humanos e Proto-humanos
Kenyanthropus platyops
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens