Piloña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Piloña en Asturias

Piloña é un concello de Asturias, situado a oriente do seu territorio. Linda polo norte con Villaviciosa e Colunga, polo leste con Parres, polo oeste con Nava e Cabranes e polo sur con Ponga, Caso e Sobrescobio. A capital municipal é a localidade de Infiesto.

De acordo con datos do INE, en 2007 contaba cunha poboación de 8.243 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A área municipal é de 283,89 km². O territorio de Piloña é montañoso, con vales profundos e estreitos, e montes non moi altos, mais de pendente pronunciada. A maior parte do terreo municipal corresponde a unha depresión terciaria, de dirección leste-oeste, que percorre o río Piloña. Coñécense bos bancos de carbón en La Marea, e outros menores en Sotiello e Borines. Hai tamén faixas de lousa na serra de Ques e na serra de Cayón.

O río principal é o Piloña, tributario pola esquerda do río Sella. A vía principal de comunicacións é a estrada N-634.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é de tipo oceánico, húmido, chuvioso e temperado. A media anual de temperaturas é de 12º C.

Parroquias do concello[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Piloña é historicamente unha área en retroceso poboacional. O concello tiña uns 20.000 habitantes en 1930; 8,799 en 2001; e 8,440 en 2005. A súa economía é principalmente agropecuaria, con cría de gando para leite e carne, xunto con certa explotación forestal.

Conta con algunha industrais. Son basicamente de fabricación de mobles e sidra, unha planta que procesa o leite da zona e unha fábrica de caramelos e outros produtos doces (esta en Villamayor).

As poboacións máis importantes son Infiesto (que conta con arredor do 20% da poboación municipal), Villamayor e Sevares. As tres están sobre as beiras do río Piloña.

Historia[editar | editar a fonte]

Existe un asentamento prehistórico na cova de Sidrón, perto da localidade de Vallobal, da que se extraeron restos de neandertais.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Piloña