Ordovícico
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa ciencia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa ciencia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Era [1] | Período | Millóns de anos | |
|---|---|---|---|
| Paleozoico | Pérmico | 299,0 ±0,8 | |
| Carbonífero | Pensilvaniense | 318,1 ±1,3 | |
| Misisipiense | 359,2 ±2,5 | ||
| Devónico | 416.0 ±2,8 | ||
| Silúrico | 443,7 ±1,5 | ||
| Ordovícico | 488,3 ±1,7 | ||
| Cámbrico | 542,0 ±1,0 | ||
O ordovícico ou ordoviciano é un período da escala de tempo xeolóxico, correspondente á era paleozoica do eón fanerozoico, que comezou hai 488,3 ± 1,7 millóns de anos e terminou hai 443,7 ± 1,5 millóns de anos.[2] [3]
En obras clásicas considerábase que o ordovícico abarcaba desde os 505 millóns de anos até hai 440 millóns de anos.
O ordovícico, nomeado así en honor da tribo galesa dos Ordovicos, foi definido por Charles Lapworth en 1879, para resolver unha disputa entre os seguidores de Adam Sedgwick e os de Roderick Murchison, que situaban os mesmos estratos do norte de Gales no cámbrico e no silúrico, respectivamente. E Lapworth recoñeceu que a fauna fósil presente nos estratos en disputa eran diferente tanto da do cámbrico como da do silúrico e deuse de conta de que estes restos tiñan que situarse nun período propio.
Sucesor do cámbrico e anterior ao silúrico, no ordovícico o día tiña 21 horas e non había animais en terra firme pola escaseza de oxíxeno na atmosfera.
Abundan os fósiles, entre os que destacan os trilobites, e nalgunhas rexións formáronse nesta época os xacementos de petróleo e de gas natural.
Notas [editar]
- ↑ As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional sobre Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en «Standard Color Codes for the Geological Time Scale».
- ↑ Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
- ↑ International Stratigraphic Chart, 2008