Triásico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Era Período M. anos
Mesozoico Cretáceo 145,5 ±4,0
Xurásico 199,6 ±0,6
Triásico 251,0 ±0,4

O Triásico é un dos tres períodos xeolóxicos da Era Mesozoica; comezou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos e acabou hai 199,6 ± 0,6 millóns de anos.[1]. Como ocorre coa maioría dos períodos xeolóxicos, as datas exactas de inicio e fin do período son incertas por uns poucos millóns de anos. No caso deste período, tanto o inicio e como o final están marcados por importantes eventos de extinción: a extinción masiva do Permiano-Triásico e a do Triásico-Xurásico.

Os primeiros mamíferos, os cales evolucionaron dos sinápsidos (antes chamados réptiles mamiferoides), deron a súa aparición neste período, posiblemente polos cambios de clima que se fixeron e a deriva continental, que motivaron a gran Regresión mariña do Triásico: todas as terras uníronse para formar o supercontinente Panxea (dividido novamente a principios do Xurásico, na maneira inversa dunha transgresión mariña (por iso pasaron a predominar os carbonatos).

Caracterízase fundamentalmente pola aparición dos primeiros dinosauros, inicialmente representados por formas bípedes, carnívoras e de pequeno tamaño. Porén, a finais do período xa se diversificaron a grande escala e convertéronse nos vertebrados dominantes en todo o planeta, levando á extinción a grupos anteriores como os arcosauros máis primitivos e os propios réptiles mamiferoides con escasas excepcións.

Fósiles do Triásico.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

A Comisión Internacional de Estratigrafía recoñece tres épocas/series e sete idades/pisos do Triásico, distribuídos en orde dos máis recentes aos máis antigos como segue:

Estratos do Triásico en Utah.
  • Triásico Superior
    • Raetiano (203,6 ± 1,5 - 199,6 ± 0,6 Ma)
    • Noriano (216,5 ± 2,0 - 203,6 ± 1,5 Ma)
    • Carniano (228,0 ± 2,0 - 216,5 ± 2,0 Ma)
  • Triásico Medio
  • Triásico Inferior

Estratigrafía[editar | editar a fonte]

O Triásico foi nomeado en 1834 por Friedrich Von Alberti debido aos tres tramos máis xerais que conforman os depósitos sedimentarios (do latín trias significa "tríade") que adoitan aparecer xuntos, con límites diacrónicos e como "paquetes" solidarios, moi amplamente estendidos por toda Europa Occidental, baixo o recoñecemento da tectofacies denominada "Germánica", ou Segunda "Facies vermella"; estendida desde Alemaña e o Norte de Europa, até o sur da Península Ibérica, chamados o "Trias".

O primeiro tramo basal, fórmao areniscas e conglomerados vermellos (Buntsandstein), como Trías Inferior; un segundo, intermedio, de formacións carbonatadas típicas de ambientes mariños superficiais, tipo albufeiras (Muschelkalk), como Trias Medio; e un terceiro, de arxilas vermellas con evaporitas (Keuper), de antigos ambientes moi áridos, como Tríasico Superior, cuxos materiais presentan unha alta plasticidade (diapirismo ou halocinose).

Tamén cabe diferenciar este Trias Germánico, do Trías da tectofacies alpina, integrado este último, principalmente, por mantos de corremento carbonatados, por exemplo, os mármores de idade triásica do Complexo Alpujárride da Cordilleira Penibética.

O lagerstätte do Monte San Giorgio, agora no Lago de Lugano, rexión do norte de Italia e de Suíza, foi nos tempos triásicos unha lagoa entre arrecifes cun fondo anóxico, así que non había turbulencias nin problemas para a fosilización, unha situación que se pode comparar co mellor coñecido lagerstätte de Solnhofen.

Paleoxeografía[editar | editar a fonte]

Durante o Triásico, case todas as terras da Terra concentrábanse nun só supercontinente centrado máis ou menos no ecuador, chamado Panxea ("toda a terra"). Este continente tiña forma de "C" e ao leste, no oco da "C" atopábase o Océano Tetis e rodeándoo todo situábase o Océano Panthalassa (o "océano universal"). Todos os sedimentos do océano profundo depositados durante o Triásico desapareceron a través da subducción das placas oceánicas, polo que se sabe moi pouco do océano aberto durante o Triásico.

O supercontinente Panxea comezou a súa dislocación durante este período, especialmente no Triásico Superior, pero aínda non se separou. Laurasia incluía Norteamérica, Europa e gran parte da actual Asia. Gondwana comprendía África, Arabia, India, Australia, a Antártida e Suramérica. Panxea desprazábase moi lentamente cara ao norte neste período, e nese proceso o supercontinente empezou a mostrar os primeiros signos do seu fraccionamento, coa aparición de brechas na parte oriental de Norte de América, nas zonas central e occidental de Europa e no noroeste de África. Os primeiros sedimentos fose do mar, no rift que marcou a rotura inicial de Panxea e que separou Nova Jersey de Marrocos, son do Triásico tardío; nos Estados Unidos, estes sedimentos grosos comprenden o grupo Newark.

O nivel do mar subiu lixeiramente durante o Triásico Inferior; con todo, o volume de áreas emerxidas foi aínda moi alto. O Océano Tetis, que formaba un amplo golfo, converteuse en ruta de invasión mariña. Aínda que as plantas terrestres dominantes no Triásico difiren das pérmicas, as pautas de distribución sobre Panxea permaneceron (flora do sur de Gondwana, flora Siberiana e flora de Laurusia de condicións máis secas e cálidas en latitudes ecuatoriais).

Clima[editar | editar a fonte]

O clima do Triásico foi xeralmente caloroso e seco, e deu lugar á formación de desertos e evaporitas. O gran tamaño de Panxea limitou o efecto moderador do océano; o seu clima continental era altamente estacional, con veráns moi calorosos e invernos moi fríos. Probablemente tivo fortes monzóns no Ecuador. Non hai evidencia de glaciación cerca ou en calquera dos polos, de feito, as rexións polares eran aparentemente húmidas e tépedas, un clima adecuado para as criaturas similares a réptiles.

Vexetación[editar | editar a fonte]

As plantas terrestres non experimentaron unha extinción dramática ao final da Era Paleozoica. A transición dos tipos paleozoicos recentes e mesozoicos comezou antes do inicio da Era Mesozoica. Así pois, as condicións eran moi similares ao Permiano. As plantas que floreceron en Laurasia estaban adaptadas ao seu clima seco e cálido: cícadas e as palmeiras. Entre a vexetación arbórea había algunhas coníferas e xinkgos. Os felgos predominaban nas zonas húmidas, xunto con palmeiras e algúns predecesores dos piñeiros actuais. Gondwana, moito máis húmida, estaba poboada por bosques de felgos xigantescos e coníferas voluminosas.

Existen probas de que os escaravellos estaban implicados na polinización dalgunhas \ximnospermas, pero polo demais había poucas destas plantas que tratasen de atraer aos insectos, mesmo parece coma se os conos das cícadas estivesen deseñados para escorrentalos. Máis da metade das especies coñecidas de insectos estaban equipadas para perforar, amordicar e succionar os corpos das plantas.

Fauna[editar | editar a fonte]

Pódese distinguir tres categorías de organismos no rexistro triásico: sobreviventes da extinción Permiano-Triásico, novos grupos que floreceron brevemente, e novos grupos que continuaron adiante para dominar o mundo Mesozoico.

Fauna terrestre[editar | editar a fonte]

Os rexistros fósiles triásicos atopáronse en dúas únicas rexións: na conca de Karroo de Suráfrica e en Rusia preto dos Montes Urais. Ambos os rexistros contan a mesma historia.

Os réptiles dominaron a superficie terrestre neste período. Porén, a maioría dos xéneros de réptiles mamiferoides do Permiano desapareceron repentinamente. No inicio do Triásico quedaron uns poucos xéneros de predadores e o grande herbívoro Lystrosaurus, que é famoso pola súa presenza fósil en moitos dos fragmentos amplamente dispersados de Gondwana. Os réptiles mamiferoides se rediversificaron durante o Triásico xogando un importante papel ecolóxico e deixando un legado importante, os mamíferos verdadeiros, que evolucionaron a partir deles ao fin do Triásico. Entre as especies herbívoras estaban os dicinodontes, semellantes aos actuais hipopótamos; os rincosaurios, parecidos aos actuais porcos; e os cinodontes, parecidos ás actuais donicelas. Todos eles desapareceron da face da terra de forma descoñecida e repentina: Foi a primeira grande extinción en masa da fauna terrestre no noso planeta. Os tecodontes que lles relevaron, desapareceron na segunda grande extinción, acaecida a finais do Triásico. Só sobreviviron as tartarugas, os crocodilos, os dinosauros e algúns mamíferos de tamaño reducido. Os primeiros mamíferos eran pequenos e minoritarios, ao longo da Era Mesozoica, e ningunha especie alcanzou dimensións relevantes.

A maioría dos dinosauros apareceron a finais do Triásico. Entre eles destacaban os terópodos e os prosaurópodos. En ausencia de competencia e con nichos ecolóxicos baleiros, os primeiros dinosauros colonizaron rapidamente a terra. Cabe destacar Procompsognathus e Plateosaurus.

Fauna aérea[editar | editar a fonte]

Sharovipteryx, un prolacertiforme.

No Triásico superior, varios réptiles pequenos con ás facían breves voos de árbore en árbore. Devanditas ás carecían de plumas e xurdían das patas dianteiras e traseiras. Entre eles destaca o pterosauro, un réptil voador prehistórico (non clasificado como dinosauro) de sangue quente, cabeza grande, corpo pequeno e ás longas e estreitas terminadas en catro garras diminutas.

A diferenza dos seus predecesores, os pterosauros xa eran capaces, a finais do triásico, de realizar voos dunha certa duración, cubrindo distancias inusitadas até o momento. Os pterosauros fósiles son moi comúns e foron achados centenares de espécimes, pertencentes a oito xéneros distintos. Eudimorphodon posiblemente foi o primeiro de todos eles.

Fauna acuática[editar | editar a fonte]

Os grupos máis comúns do Triásico inferior son os moluscos. Os ammonoideos experimentaron unha recuperación espectacular despois da súa case total aniquilación no Permiano (só dous xéneros sobreviviron). No Triásico os ammonoideos superaron o centenar de xéneros. Os outros grupos oceánicos foron máis lentos en recuperarse, pero no Triásico superior, os mares xa tiñan unha certa diversidade. Do grupo de réptiles destacábanse o notosauro (dentes afiados, 4 metros de lonxitude, cabeza pequena e alargada e aletas parecidas ás dos patos), o placodonte (dentes afiados como serras), e o ictiosauro (até 15 metros de lonxitude e parecido ao golfiño). Estas especies adaptadas ao medio acuático alimentábanse de peixes e moluscos. Os notosauros, do Triásico inferior, eran próximos aos placodontos e parece que foron os primeiros réptiles en invadir o reino oceánico. Eran hidrodinámicos cun longo pescozo e catro extremidades en forma de paleta. Nin placodontos nin notosauros sobreviviron ao período Triásico.

Bivalvos e gasterópodos estiveron menos afectados pola extinción pérmica, e atópanse con frecuencia en rocas do Triásico inferior, aínda que a súa diversidade é algo limitada (endobentónicos e epibentónicos).

As corais Hexacorallia aparecen no Triásico medio. Os primeiros arrecifes eran pequenos (menos de 3 metros) e estaban construídos por poucos tipos de organismos. Ao final do Triásico, os arrecifes eran máis grandes, e algúns foron construídos por máis de 20 especies diferentes. As primeiras bioconstrucións creceron en augas relativamente profundas, diferentes das actuais, non asociadas con algas simbióticas. Quizais non foi até o final do Triásico ou Jurásico cedo cando comezan a formar arrecifes grandes e establécese esta relación simbiótica. Os conodontos foron importantes aínda no Triásico, para desaparecer ao final deste período.

Extincións en masa[editar | editar a fonte]

Ao final do Triásico produciuse a extinción masiva do Triásico-Xurásico. Extínguense os conodontos e réptiles placodontos. Desapareceu o 20% de animais mariños, aínda que todos estes grupos recupéranse no Xurásico. As vítimas terrestres incluíron a maioría dos xéneros de réptiles mamiferoides e grandes anfibios. Os beneficiarios primarios da extinción sobre a terra foron os dinosauros, que se expandiron rapidamente durante o Jurásico e dominaron os hábitats terrestres ao longo do resto da Era Mesozoica. Os únicos réptiles mariños que sobreviviron foron os ictiosauros e os plesiosauros.

As evidencias suxiren que houbo dous pulsos de extinción triásica, un anterior e outro ao final do período. A sincronización destas extincións nos maré é pouco clara e as causas das extincións triásicas permanecen descoñecidas. Unha análise no noroeste de Arizona no 2002 sobre o límite Carniense-Noriense, non mostrou cambios bruscos no paleoambiente, polo que a posibilidade climatolóxica non foi apoiada. Neste tempo, as coníferas e outros grupos de ximnospermas substituíron as floras de plantas con sementes que predominaran en hábitats de terra baixa de Gondwana no Triásico.

Notas