Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paranthropus aethiopicus é unha especie fósil do xénero Paranthropus que viviu entre o 2,7 e 2,5 millóns de anos, no Plioceno.
O primeiro achado data de 1968 ao se descubrir en preto do Lago Turkana, Etiopía unha mandíbula que non se correspondía con ningunha especie coñecida. En 1985 o paleoantropólogo nortemaricano Alan Walker descubriu un cranio que se correspondía coa mandíbula atopada en 1967, coñecido como o Cranio Negro e catalogado como KNM WT 17000, o fósil máis representativo do Paranthropus aethiopicus, que mostra que moitos trazos presentes nos outros paranthropus non está aínda presentes neste, como trazo característico sobarda a crista saxital, imprescindible para que a súa enorme musculatura facial puidera suxeitarse ao cranio. Por outra banda a especialización do aparato masticatorio é moito menos marcada ca nas outras especies de Paranthropus.