Rocha de Xibraltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cara oeste da Rocha de Xibraltar
A Rocha está situada na Baía de Algeciras.
Vista panorámica en dirección norte desde o extremo superior do Peñón de Xibraltar.

O Peñón de Xibraltar é unha península angosta e rochosa que sobresae de xeito pronunciado nun dos ángulos da baía de Algeciras. Trátase dun fe­nómeno xeolóxico, colocado no paso entre o Atlántico e o Mediterráneo. A Rocha é propiedade da Coroa do Reino Unido e limita ao norte con España. A soberanía sobre Xibraltar foi transferida ao reino de Gran Bretaña en 1713 mediante o Tratado de Utrecht tras a guerra de sucesión española.[1]

Ten 5 quilómetros de longo e na súa parte máis larga só 1,2 quilómetros. As súas paredes son moi verticais e caen sobre o mar dende a súa máxima altura de 426 metros. Estas características fan que fose un paso marítimo moi importante e que dende el se puidese controlar o tráfico de barcos polo Estreito. A rocha aparece mencionada no mito das columnas de Hércules, que o heroe grego separaría para crear o paso do Estreito, lenda que se recolle no escudo de España.

A rocha está unida á terra firme por un baixo istmo areoso de 1.600 metros de longo e 800 metros de largo. Integramente dentro do territorio de Xibraltar, pertence ao Reino Unido.

Aproveitamento militar[editar]

O monte foi ocupado polos árabes durante case seis séculos. Na actualidade acolle distintas instalacións militares subterráneas, e poderían refuxiarse nela ata 25.000 persoas en caso de ataque nuclear[Cómpre referencia]. Nel están instalados diversos radares de vixilancia marítima da OTAN.

Notas[editar]

  1. Gibraltar, September 2001