Vicente Rodríguez Guillén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicente
Vicente Rodríguez Guillén VCF.jpg
Información persoal
Nome completo Vicente Rodríguez Guillén
Nacemento 16 de xullo de 1981 (32 anos)
Lugar Valencia, España
Altura 1,76 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Brighton & Hove Albion
Número 15
Carreira xuvenil
Benicalap
Levante
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–2000 Levante 54 (9)
2000–2011 Valencia 243 (36)
2011– Brighton & Hove Albion 4 (1)
Selección nacional
1997–1998 España sub-16 11 (1)
1998–1999 España sub-17 15 (6)
1999–2000 España sub-18 7 (1)
2000–2001 España sub-21 11 (1)
2001–2005 España 38 (3)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Vicente Rodríguez Guillén, coñecido simplemente como Vicente, nado en Valencia o 16 de xullo de 1981, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Brighton & Hove Albion FC.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a xogar no Benicalap CF, o principal equipo do seu barrio, do cal pasou a formar parte do Levante UD. No ano 2000, tras cinco anos no equipo granota, chega ao Valencia CF e logra o subcampeonato de Europa. Gañou a liga 2001-2002. A súa mellor tempada coa camiseta do Valencia é a 2003-2004, cando se converte no mellor xogador de España e segundo a FIFA entrou entre os tres mellores do mundo. O Valencia gaña ese ano a Liga e a Copa da UEFA.

O 29 de setembro de 2004 lesiónase nun partido de Liga de Campións contra o Werder Bremen no nocello esquerdo. Tras varios tratamentos con diferentes médicos volveu xogar unha serie de partidos, aínda que seguía con molestias polo que decidiu ir a Bélxica para ser tratado polo doutor Martens. Diagnosticóuselle unha "calcificación no calcáneo do nocello" esquerdo da cal operoulle. Despois do tempo estipulado de recuperación volveu o 30 de abril do 2005 na 34ª xornada de Liga ante o CD Numancia onde marcou un gol, e terminou a Liga sen problemas como titular.

A tempada 2005-06 xogou a un bo nivel ata que na xornada 19 vólvese a lesionar no nocello, esta vez no dereito, reaparece na xornada 37.

Na campaña 2006-07 vólvese a lesionar tras unha dura entrada do xogador do Celta de Vigo Iriney, reaparece en Mestalla contra o RCD Espanyol onde marcou un gol tras unha boa parede entre el e David Villa, tres días despois en Stamford Bridge ante o Chelsea FC nun partido de Liga de Campións, volve lesionarse. Pérdese o resto da tempada para non forzar a súa recuperación. A tempada 2007-08 volve dar un rendemento irregular, con novas lesións, esta vez unha fisura nun dedo do pé e diversos problemas musculares.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección de fútbol de España en 38 ocasións. O seu debut produciuse o 28 de marzo de 2001 en Valencia, no partido España 2-1 Francia.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Valencia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]