Berilio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berilio
LitioBerilioBoro
-
  Hexagonal.svg
 
4
Be
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Be
Mg
Táboa periódica dos elementos
Información xeral
Nome, símbolo, número Berilio, Be, 4
Serie química Metales alcalinotérreos
Grupo, período, bloque 2, 2, s
Densidade 1848 kg/m3
Aparencia Branco-gris metálico
N° CAS
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica 9,0122 u
Radio medio 112 pm
Radio atómico (calc) 111,3 pm
Radio covalente 89 pm
Radio de van der Waals pm
Configuración electrónica He2s2
Electróns por nivel de enerxía
Estado(s) de oxidación
Óxido
Estrutura cristalina hexagonal
Propiedades físicas
Estado ordinario sólido (diamagnético)
Punto de fusión 1551,15 K
Punto de ebulición 3243,15 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización kJ/mol
Entalpía de fusión 12,20 kJ/mol
Presión de vapor 4180
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 13000 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,57
Calor específica 1825 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 31,35 × 106 S/m
Condutividade térmica 201 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 899,5 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1757,1 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 14848,7 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
7Be Sint. 53,12 d ε 0,862 7Li
9Be 100% estable con 5 Neutróns
10Be ~0 1,51 × 106 a β- 0,556 10B
Nota: unidades segundo o SI e en CNPT, salvo indicación contraria.
Berilio

O berilio é un elemento químico de símbolo Be e número atómico 4. É un elemento alcalinotérreo de valencia 2 (nº ox. +2), tóxico, de cor gris, duro, lixeiro e quebradizo. emprégase principalmente como endurecedor en aliaxes, especialmente de cobre.

Historia[editar | editar a fonte]

O berilio (do grego βερυλλoς, berilo) ou glucinio (do inglés glucinium e este de o grego γλυκυς, doce) polo sabor das súas sales, foi descuberto por Vauquelin en 1798 en forma de óxido no berilo e a esmeralda. Friedrich Wöhler e A. A. Bussy de forma independente illaron o metal en 1828 mediante a reacción de potasio con cloruro de berilio.

Características principais[editar | editar a fonte]

O berilio ten un dos puntos de fusión máis altos entre os metais lixeiros. O seu módulo de elasticidade é aproximadamente un 33% maior que o do aceiro. Ten unha conductividade térmica excelente, é non magnético e resiste o ataque con ácido nítrico. É moi permeable aos raios X e, do mesmo xeito que o radio e o polonio, libera neutróns cando é bombardeado con partículas alfa (da orde de 30 neutróns por millón de partículas alfa). En condicións normais de presión e temperatura o berilio resiste a oxidación do aire, aínda que a propiedade de raiar ao cristal débese probablemente á formación dunha delgada capa de óxido.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

  • Aliaxes cobre-berilio cunha gran variedade de aplicacións.
  • No diagnóstico con raios X úsanse delgadas láminas de berilio para filtrar a radiación visible, así como na litografía de raios X para a reprodución de circuítos integrados.
  • Moderador de neutróns en reactores nucleares.
  • Pola súa rixidez, lixeireza e estabilidade dimensional, emprégase na construción de diversos dispositivos como xiroscopios, equipo informático, e instrumental diverso.
  • O óxido de berilio emprégase cando son necesarias elevada conductividad térmica e propiedades mecánicas, punto de fusión elevado e illamento eléctrico.
  • Outrora empregáronse compostos de berilio en tubos fluorescentes, uso abandonado pola beriliose.
  • Fabricación de altofalantes da clase High-End, debido á súa gran rixidez.

Precaucións[editar | editar a fonte]

O berilio e as súas sales son tóxicas e potencialmente canceríxenas. A beriliose crónica é unha afección pulmonar causada por exposición ao po de berilio catalogada como enfermidade profesional. Os primeiros casos de neumonite química aguda por exposición ao berilio producíronse en 1933 en Europa e en 1943 nos Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Berilio

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]