Escala de Mohs

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A escala de Mohs é utilizada para medir a dureza das sustancias sólidas. En xeoloxía é utilizada para medir a dureza dos minerais. Foi proposta por Friedrich Mohs e baséase na resistencia dun mineral a ser raiado por outro.

Mohs, que era xeólogo, escolleu 10 minerais ós que atribuíu un determinado grao na súa escala comezando polo talco ó que lle deu o número 1 e rematando polo diamante ó que lle deu o 10.

A táboa é a seguinte:

Dureza Mineral Formula química
1 Talco (pódese raiar facilmente coa unlla). Mg3Si4O10(OH)2
2 Xeso (pódese raiar con certa dificultade coa unlla). CaSO4·2H2O
3 Calcita (pódese raiar cunha moeda de cobre). CaCO3
4 Fluorita (pódese raiar facilmente cun coitelo). CaF2
5 Apatito (pódese raiar con certa dificultade cun coitelo). Ca5(PO4)3(OH-,Cl-,F-)
6 Ortoclasa (pódese raiar cunha lixa de aceiro). KAlSi3O8
7 Cuarzo (raia ó vidro). SiO2
8 Topacio (é raiado polo corindón). Al2SiO4(OH-,F-)2
9 Corindón (zafiros e rubíes son variedades de corindón). Al2O3
10 Diamante (o mineral natural máis duro). C

Por non gardar a mesma proporción entre intervalos, establecéronse outros métodos para medir a dureza das sustancias sólidas. Aínda que en xeoloxía todavía séguese a usar, por ser un método simple e efectivo.

Ferramentas persoais