Americio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O americio é un elemento químico de número atómico 95 situado dentro do grupo dos actínidos na táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Am. Todos os seus isótopos son radioactivos. Obtívose por primeira vez en 1944[1][2] na Universidade de Chicago como resultado do bombardeo de plutonio con neutróns por un equipo dirixido por Glenn Seaborg, a súa descuberta fíxose pública o 11 de novembro de 1945[3] en Quiz Kids, un programa de radio infantil. En 1946[4] déronlle nome, que provén de América, de forma análoga ao europio.
O americio emprégase nun tipo de detector de fume que contén unha cantidade moi pequena de Am-241 como fonte de radiación ionizante.
- ↑ John Emsley Nature's Building Blocks: An A-Z Guide to the Elements. Oxford University Press, 2003, páxina 24
- ↑ Glenn Seaborg The Transuranium Elements. Yale University Press, 1958, páxina 54
- ↑ Americium and Curium Chemistry and Technology: Papers from a Symposium Given at the 1984. International Chemical Congress of Pacific Basin Societies, Honolulu, Hawaii, 1984. Reidel Pub. Co., 1985, páxina 15
- ↑ Darleane C. Hoffman, Albert Ghiorso e Glenn Theodore Seaborg The Transuranium People: The Inside Story. Imperial College Press, 2000, páxina 117
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos