Berilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berilo
Spodumene-Beryl-Quartz-271365.jpg
Berilo variedade morganita
Fórmula química: Be3Al2(Si6O18)
Clase: Silicatos
Subclase: Ciclosilicatos
Sistema cristalino: Hexagonal
Cor: Incolora, amarela, rosa, vermella, verde e azul
Brillo: Vítreo
Dureza: 7,5-8
Fractura: Concoidea
Exfoliación: Imperfecta, segundo as caras da base
Raia: Branca
Densidade: 2,63-2,80 g/cm3

O berilo (do grego Βήρυλλος beryllos, aludindo á cor azul verdosa da augamariña) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Be3Al2(Si6O18) (contén un 15% de BeO, un 20% de Al2O3 e un 65% de SiO2).

Aspecto[editar | editar a fonte]

O berilo preséntase en forma de cristais hexagonais tabulares. Estes cristais hexagonais poden chegar a medir varios metros de lonxitude, mais os exemplares máis puros son os de tamaño máis reducido.

Variedades do berilo[editar | editar a fonte]

Segundo sexa a súa coloración podemos diferenciar entre:

Case tódalas variedades de berilo son consideradas pedras preciosas.

Lugares onde se atopa[editar | editar a fonte]

É frecuente atopar berilos nas rochas de orixe pegmatítico e en filóns hidrotermais de calcita (como as esmeraldas de Colombia).

Os xacementos máis importantes do mundo son os de Austria, Alemaña e Irlanda (en Europa) e Madagascar (en África, cos seus famosos depósitos de morganita). Podemos atopar berilo, aínda que de moita menor calidade, no Monte Pedroso (Santiago de Compostela) e en Monterrei (Ourense).

Usos do berilo[editar | editar a fonte]

O berilo utilízase para extraer berilio.

As variedades esmeralda e augamariña son as máis utilizadas como pedras preciosas.

Outros silicatos[editar | editar a fonte]

Outros silicatos importantes son o cuarzo, o feldespato, a mica e a olivina, entre outros.