Xiroscopio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ainda que se mova o corpo ao que está unido, o xiroscopio mantén invariábel a súa dirección de xiro.

Un xiroscopio é un aparello que ten un disco xiratorio cunha gran resistencia á variación do seu eixo de xiro, o que o fai moi útil para medir e manter a orientación baseado no principio da conservación do momento angular:

\vec \boldsymbol\tau={{d {\vec L}}\over {dt}}={{d(I\vec \boldsymbol\omega)} \over {dt}}=I\vec \boldsymbol\alpha

Onde \vec \boldsymbol\tau é o torque e \vec {L} o momento angular, I\, é o momento de inercia, e \vec \omega a velocidade angular, e \vec \boldsymbol\alpha a aceleración angular.

O xiroscopio foi inventado no 1852 polo físico Jean Bernard Léon Foucault. En esencia, consiste nun rotor co eixe pendente dun soporte formado por dous círculos articulados entre si e o rotor por suspensións de Cardán. O principio do xiroscopio deriva do feito de que un sistema en rotación e mecanicamente illado conserva o mesmo momento cinético, de xeito que o seu eixo de rotación mantén unha dirección fixa con respecto a unha referencia galileana. Unha vez se ten posto en funcionamento o eixe queda fixo respecto ó da terra describindo un cono de revolución. Tamén pode servir como referencia angular e como estabilizador.