Período de semidesintegración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na física nuclear e atómica, o período de semidesintegración, tamén chamado vida metade, semivida, hemivida ou sinxelamente período, é o lapso necesario para que se desintegren a metade dos núcleos dunha mostra inicial dunha sustancia radioactiva. Tómase como referencia a metade deles debido ao carácter aleatorio da desintegración nuclear. Hai que evitar confundilo coa vida media, que representa a media de vida dun núcleo.