Terbio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terbio
GadolinioTerbioDisprosio
-
  Hexagonal.svg
 
65
Tb
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Tb
Bk
Táboa periódica dos elementos
Información xeral
Nome, símbolo, número Terbio, Tb, 65
Serie química Lantánidos
Grupo, período, bloque n/d, 6, f
Densidade 8219 kg/m3
Dureza Sen datos
Aparencia Branco prateado
Terbium-2.jpg
N° CAS 7440-27-9
N° EINECS 231-137-6
Propiedades atómicas
Masa atómica 158,92535 u[1] u
Radio medio 175 pm
Radio atómico (calc) 225 pm
Radio covalente pm
Radio de van der Waals pm
Configuración electrónica [Xe]6s24f9
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 18, 27, 8, 2
Estado(s) de oxidación 4
Óxido Levemente básico
Estrutura cristalina hexagonal
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido
Punto de fusión 1629 K
Punto de ebulición 3503 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 330,9 kJ/mol
Entalpía de fusión 10,8 kJ/mol
Presión de vapor
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 2620 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,20
Calor específica 180 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 0,889 × 106 S/m
Condutividade térmica 11,1 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 565,8 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1110 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 2114 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 3839 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
157Tb Sintético 71 a ε 0,060 157Gd
158Tb Sintético 180 a ε
ß-
1,220
0,937
158Gd
158Dy
159Tb 100% estable con 94 Neutróns
Nota: unidades segundo o SI e en CNPT, salvo indicación contraria.

O terbio é un elemento químico da táboa periódica con símbolo Tb, sólido metálico de cor branca e brillo prateado. O seu número atómico é 65, cunha masa atómica de 158,9. Ten unha densidade de 8,3 g/cm³, cun punto de fusión de 1.360 °C e un punto de ebulición de 3.041 °C. É un metal de transición interna da familia dos lantánidos. Este elemento químico foi descuberto por Carl Gustaf Mosander en 1843 e illado por Georges Urbain en 1905. Atópase habitualmente coma óxido nas terras raras. Forma sales trivalentes de cor branco con solucións incoloras.

Historia[editar | editar a fonte]

O terbio foi descuberto en 1843 polo químico sueco Carl Gustaf Mosander, quen o detectou coma impureza no óxido de ytrio. O seu nome débese á localidade sueca Ytterby. Non foi illado en estado puro ata que se fixeron habituais as novas técnicas de intercambio de ións.

Este elemento clasificase coma terra rara. O termo "rara" pode conducir a equívoco, pois o terbio é máis común que metais coma a prata ou o mercurio. Antigamente empregábase esta terminoloxía porque os elementos clasificados coma tal eran moi difíciles de separar uns doutros. Non eran raros na Terra, senón que eran raramente empregados para algo.

Obtención[editar | editar a fonte]

O terbio non se atopa nunca en estado libre na natureza, senón contido en diversos minerais coma a cerita, a gadolinita, a monazita, a xenotima e a euxenita, algúns deles cun contido inferior ao 1% de terbio.

Características[editar | editar a fonte]

O terbio é de cor branca-prateada, razoablemente estable ao aire, maleable, dúctil e o suficientemente brando coma para ser cortado por un coitelo. Existen dúas variedades alotrópicas, cunha temperatura de transformación de 1289 °C.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Este elemento empregase no dopaxe de materiais usados en dispositivos de estado sólido, tales coma o fluoruro de calcio, o tungstato de calcio e o molibdato de estroncio. O oxosulfato de gadolinio dopado con terbio é un dos mellores colorantes en Raios X.

Tamén se emprega coma cristal estabilizador en células de combustible que operan a elevadas temperaturas, xunto ao óxido de circonio, en aliaxes e na produción de compoñentes electrónicos. O seu óxido utilizase nos fósforos verdes de lámpadas fluorescentes e tubos de raios catódicos. O borato de terbio e sorbio aplicase tamén en electrónica.

Isótopos[editar | editar a fonte]

Na natureza atópanse compostos dun isótopo estable, o 159-Tb. Outros 33 radioisótopos están rexistrados, sendo o 158-Tb o máis estable de todos, cunha vida media de 180 anos. Os isótopos 157-Tb e 160-Tb teñen unha vida media ao redor dos 70 anos. Os restantes radioisótopos teñen vidas medias de menos de 7 días, moitos deles de menos de 24 segundos.

Precaucións[editar | editar a fonte]

Ao igual que o resto de lantánidos, os compostos do terbio teñen un nivel moderado de toxicidade, aínda que esta non se investigou en profundidade. Non se coñece ningún papel de este elemento no ciclo biolóxico.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]