Disprosio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terbio - Disprosio - Holmio
Dy
Cf  
 
 
Dy-TableImage.png
Xeral
Nome, símbolo, número Disprosio, Dy, 66
Serie química Lantánidos
Período, bloque 6, f
Densidade, dureza Mohs 8.551 kg/m³, sen datos
Aparencia branco prateado
Dy,66.jpg
Propiedades atómicas
Masa atómica 162,500(1) u
Radio medio 175 pm
Radio atómico calculado 228 pm
Radio covalente Sen datos
Radio de Van der Waals Sen datos
Configuración electrónica [Xe]6s²4f10
Estados de oxidación (óxido) 3 (base débil)
Estrutura cristalina Hexagonal
Propiedades físicas
Estado da materia Sólido (_)
Punto de fusión 1.680 K (1.407 °C)
Punto de ebullición 2.840 K (2.207 °C)
Entalpía de vaporización 230 kJ/mol
Entalpía de fusión 11,06 kJ/mol
Presión de vapor Sen datos
Velocidade do son 2.170 m/s a 293,15 K
Información diversa
Electronegatividade 1,22 (Pauling)
Calor específica 170 J/(kg·K)
Condutividade eléctrica 1,08 × 106 m-1·Ω-1
Condutividade térmica 10,7 W/(m*K)
potencial de ionización 573,0 kJ/mol
2° potencial de ionización 1.130 kJ/mol
3º potencial de ionización 2.200 kJ/mol
4° potencial de ionización 3.990 kJ/mol
Isótopos máis estables
iso. AN Período de semidesintegración MD ED MeV PD
154Dy Sintético 3,0 × 106 a α 2,947 150Gd
156Dy 0,06% 156Dy é estable con 90 neutróns
158Dy 0,10% 158Dy é estable con 92 neutróns
160Dy 2,34% 160Dy é estable con 94 neutróns
161Dy 18,91% 161Dy é estable con 95 neutróns
162Dy 25,51% 162Dy é estable con 96 neutróns
163Dy 24,90% 163Dy é estable con 97 neutróns
164Dy 28,18% 164Dy é estable con 98 neutróns
Valores no SI e condicións normais
(0 ºC e 1 atm), agás indicación en contra.
Calculado a partir de distintas lonxitudes
de enlace covalente, metálico ou iónico.

O disprosio é un elemento químico da táboa periódica, de símbolo Dy e número atómico 66.

Características principais[editar | editar a fonte]

O disprosio é unha terra rara que presenta brillo metálico prateado e relativamente estable en aire a temperatura ambiente, pero que se disolve facilmente en ácidos minerais, xa sexan concentrados ou diluídos, con emisión de hidróxeno, isto é, oxidándose. É o bastante mol como para ser cortado cun coitelo, e pode ser procesado con máquinas sen emitir faíscas, se se evita o sobrequecemento. As características do disprosio poden verse moi afectadas por pequenas cantidades de impurezas.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

O disprosio úsase, en conxunción con vanadio e outros elementos, como compoñente de materiais para láseres. A súa alta sección eficaz de absorción de neutróns térmicos e o seu alto punto de fusión tamén suxiren a súa utilidade para barras de control nuclear. Un óxido mixto de disprosio e níquel forma materiais que absorben os neutróns e non se contraen nin dilatan baixo bombardeo prolongado de neutróns, e que se usan para barras de arrefriamento en reactores nucleares. Algúns calcoxenuros de disprosio e cadmio son fontes de radiación infravermella para o estudo de reaccións químicas. O disprosio tamén se usa na fabricación de discos compactos.

Compostos[editar | editar a fonte]

Case todos os compostos de disprosio están en estado de oxidación +3 e son fortemente paramagnéticos. Entre os compostos de disprosio inclúense os fluoruros, cloruros, bromuros, ioduros, óxidos, sulfuros e nitruros.

Referencia[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]