Presión de vapor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A presión de vapor é a presión, para unha temperatura dada, na que a fase líquida e o vapor atópanse en equilibrio dinámico. O seu valor é independente das cantidades de líquido e vapor presentes mentres existan ambas. Este fenómeno tamén o presentan os sólidos: cando un sólido pasa ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido tamén se produce unha presión de vapor. Na situación de equilibrio, as fases reciben a denominación de líquido saturado e vapor saturado. Esta propiedade posúe unha relación inversamente proporcional ás forzas de atracción intermoleculares, debido a que canto maior sexa o módulo das mesmas, maior deberá ser a cantidade de enerxía xerada (xa sexa en forma de calor ou outra manifestación) para vencelas e producir a mudanza de estado.

Lei de Raoult[editar | editar a fonte]

A Lei de Raoult dá unha aproximación á presión do vapor de mesturas de líquidos. Indica que a actividade (presión ou fugacidade) dunha mistura monofásica é igual á suma das fraccións molares das presións do vapor dos compoñentes:

 p_\text{tot} = \sum_i p_i\chi_i