Partícula alfa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partícula alfa.

As partículas (α) son núcleos completamente ionizados, é dicir, sen súa envoltura de electróns correspondente, de helio-4 (4He). Estes núcleos están formados por dous protóns e dous neutróns. Ao carecer de electróns, súa carga eléctrica é positiva (+2qe), mentres que súa masa é de 4 uma.

Xenáranse habitualmente en reaccións nucleares ou desintegración radioactiva de outros nucleidos que se transmutan en elementos máis lixeiros mediante a emisión de ditas partículas. Súa capacidade de penetración é pequena; na atmosfera perden rapidamente súa enerxía cinética, porque interaccionan fortemente con outras moléculas debido a súa gran masa e carga eléctrica, xerando unha cantidade considerable de ións por centímetro de lonxitude recorrida. En xeral non poden atravesar espesores de varias follas de papel.

Ten unha carga de 3,2\cdot 10^{-19} coulombs e unha masa de 6,68\cdot10^{-27}kg.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Partícula alfa

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]