Actinio
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Xeral | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nome, símbolo, número | Actinio, Ac, 89 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Serie química | Actínidos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Grupo, período, bloque | 3, 7 , f | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Densidade, dureza Mohs | 10,07 kg/m³, sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Aparencia | Prateado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Propiedades atómicas | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Masa atómica | (227) uma | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Radio medio† | 195 pm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Radio atómico calculado | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Radio covalente | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Radio de Van der Waals | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Configuración electrónica | Rn 6d ¹7s² | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Estados de oxidación (óxido) | 3 (neutro) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Estrutura cristalina | Cúbica centrada nas caras | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Propiedades físicas | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Estado da materia | Sólido | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Punto de fusión | 1323 K | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Punto de ebulición | 3473 K | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Entalpía de vaporización | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Entalpía de fusión | 62 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Presión do vapor | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Velocidade do son | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Información diversa | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Electronegatividade | 1,1 (Pauling) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Calor específica | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Conductividade eléctrica | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Conductividade térmica | 12 W/(m·K) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1º Potencial de ionización | 499 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2º Potencial de ionización | 1.170 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Isótopos máis estables | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Valores no SI e en condicións normais (0 °C e 1 atm), agás que se indique o contrario. †Calculado a partir de distintas lonxitudes de enlace covalente, metálico ou iónico. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O actinio é un elemento químico de símbolo Ac e número atómico 89. É unha das terras raras e dá nome a unha da series, a dos actínidos.
Índice |
Características principais [editar]
É un elemento metálico, radioactivo de cor prateada. Debido á súa intensa radioactividade brilla na escuridade cunha luz azulada. O isótopo Ac-227 que se atopa, só en trazas, nos minerais de uranio, é un emisor de partículas α e β cun período de semidesintegración de 21,773 anos. Unha tonelada de mineral de uranio contén preto de 0,1 g de actinio. O seu comportamento químico é moi similar ao do resto das terras raras e particularmente ao do lantano.
Aplicacións [editar]
A súa radioactividade é da orde de 150 veces a do radio, facéndolle útil como fonte de neutróns; á marxe diso, non ten aplicacións industriais significativas. O Ac-225 emprégase en medicina na produción de Bi-213 para radioterapia.
Historia [editar]
O actinio (do grego ακτις, ακτινoς, raio luminoso), foi descuberto en 1899 polo químico francés André-Louis Debierne que o obtivo da pechblenda. En 1902 foi descuberto, de forma independente, por Friedrich Otto Giesel.
Abundancia e obtención [editar]
Atópanse trazas de actinio (AC-227) en minerais de uranio, pero comunmente obtéñense pequenas cantidades (da orde de miligramos) bombardeando Ra-226 con neutróns nun reactor nuclear. O metal obtense mediante a redución do fluoruro de actinio con vapor de litio a 1100-1300 °C.
Isótopos [editar]
O isótopo radioactivo Ac-227 é o único que se atopa na natureza e é o máis estable da trintena de isótopos identificados cun período de semidesintegración de 21.773 anos, seguido do Ac-225 (10 días) e Ac-226 (29,37 horas). O resto de isótopos teñen períodos de semidesintegración inferiores ás 10 horas e a maioría deles menores dun minuto. O Ac-228, da serie do Th-232 coñécese como mesotorio 2.
O Ac-227 alcanza o equilibrio cos seus produtos de desintegración transcorridos 185 días, transmutándose posteriormente con arranxo a un período de semidesintegración de 21.773 anos.
Precaucións [editar]
O Ac-227 é extremadamente radioactivo e tendo en conta os seus potenciais efectos sobre a saúde, é tan perigoso como o plutonio. A inxestión, ata en pequenas cantidades, pode causar danos moi graves.