Praseodimio
|
||||||||||||||||||||||||||||
| Xeral | ||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nome, símbolo, número | Praseodimio, Pr, 59 | |||||||||||||||||||||||||||
| Serie química | Lantánidos | |||||||||||||||||||||||||||
| Período, bloque | 6 , f | |||||||||||||||||||||||||||
| Densidade, dureza Mohs | 6.640 kg/m³, sen datos | |||||||||||||||||||||||||||
| Aparencia | Branco prateado, amarelado |
|||||||||||||||||||||||||||
| Propiedades atómicas | ||||||||||||||||||||||||||||
| Masa atómica | 140,90765(2) uma | |||||||||||||||||||||||||||
| Radio medio† | 185 pm | |||||||||||||||||||||||||||
| Radio atómico calculado | 247 pm | |||||||||||||||||||||||||||
| Radio covalente | 165 pm | |||||||||||||||||||||||||||
| Radio de Van der Waals | Sen datos | |||||||||||||||||||||||||||
| Configuración electrónica | [Xe]6s²4f³ | |||||||||||||||||||||||||||
| Estados de oxidación (óxido) | 3 (levemente básico) | |||||||||||||||||||||||||||
| Estrutura cristalina | Hexagonal | |||||||||||||||||||||||||||
| Propiedades físicas | ||||||||||||||||||||||||||||
| Estado da materia | Sólido | |||||||||||||||||||||||||||
| Punto de fusión | 1204 K | |||||||||||||||||||||||||||
| Punto de ebulición | 3793 K | |||||||||||||||||||||||||||
| Entalpía de vaporización | 296,8 kJ/mol | |||||||||||||||||||||||||||
| Entalpía de fusión | 6,89 kJ/mol | |||||||||||||||||||||||||||
| Presión de vapor | 1,333224 x 10-6 Pa a 1070 K | |||||||||||||||||||||||||||
| Velocidade do son | 2280 m/s a 293,15 K | |||||||||||||||||||||||||||
| Información diversa | ||||||||||||||||||||||||||||
| Electronegatividade | 1,13 (Pauling) | |||||||||||||||||||||||||||
| Calor específica | 193 J/(kg·K) | |||||||||||||||||||||||||||
| Conductividade eléctrica | 1,48 x 106 m-1·Ω-1 | |||||||||||||||||||||||||||
| Conductividade térmica | 12,5 W/(m·K) | |||||||||||||||||||||||||||
| 1° potencial de ionización | 527 kJ/mol | |||||||||||||||||||||||||||
| 2° potencial de ionización | 1020 kJ/mol | |||||||||||||||||||||||||||
| 3° potencial de ionización | 2086 kJ/mol | |||||||||||||||||||||||||||
| 4° potencial de ionización | 3761 kJ/mol | |||||||||||||||||||||||||||
| Isótopos máis estables | ||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||
| Valores no SI e condicións normais (0 ºC e 1 atm), agás indicación en contra. †Calculado a partir de distintas lonxitudes de enlace covalente, metálico ou iónico. |
||||||||||||||||||||||||||||
O praseodimio é un elemento químico da táboa periódica de símbolo Pr e número atómico 59.
Índice |
Características [editar]
O Praseodimio é un elemento metálico prateado suave, e pertence ao grupo dos lantánidos. É algo máis resistente á corrosión en aire que o europio, o lantano, o cerio, ou o neodimio, pero desenvolve unha capa verde de óxido cando se rompe ou cando está exposto ao aire, expoñendo máis metal á oxidación. Por esta razón, o praseodimio débese gardar baixo un aceite mineral lixeiro ou selar nun cristal.
Abundancia natural [editar]
O praseodimio está dispoñible en pequenas cantidades na cortiza terrestre (9,5 ppm). Atópase na monazita e na bastnasita, comprendendo tipicamente preto do 5 % dos lantánidos contidos nestes, e pode ser recuperado por un proceso de intercambio de ións, ou por extracción de líquido de contracorrente.
Aplicacións [editar]
Os distintos usos do Praseodimio son, entre outros:
- Axente de aliaxe co magnesio para crear os metais de alta resistencia que se utilizan en motores de avión.
- O praseodimio forma a base das lámpadas de arco de carbón que son empregadas na industria de movemento de imaxes, para a iluminación de talleres e nas luces dos proxectores.
- Os compostos do praseodimio son usados para dar aos vidros e esmaltes unha cor amarela.
- O praseodimio emprégase para colorear circonio cúbico dunha cor verde-amarelo.
- O praseodimio é un compoñente do cristal de didimio, que se usa para facer certos tipos de soldaduras e vidros soprados.
- O praseodimio aliado con níquel (PrNi5) ten un efecto magneto calórico tan forte que permitiu que os científicos se achegaran a menos dunha milésima de grao do cero absoluto[1]
Isótopos [editar]
O Praseodimio esta composto por un isótopo estable 141Pr. Todos os isótopos radioactivos do Praseodimio teñen vidas medias de menos de 5.985 horas e a maioría destes teñen vidas medias de menos de 33 segundos. Este elemento tamén ten seis meta estados, sendo o máis estable 138mPr (t½ 2.12 horas), 142mPr (t½ 14.6 minutos) e 134mPr (t½ 11 minutos).
Precaucións [editar]
O praseodimio é de toxicidade baixa a moderada e non ten ningún papel biolóxico coñecido.
Notas [editar]
- ↑ Emsley, John (2001). NATURE'S BUILDING BLOCKS. ISBN 0-19-850341-5.