Antón Sánchez García
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1974 Alacant, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | ANOVA-Irmandade Nacionalista Bloque Nacionalista Galego |
Antón Sánchez García, nado en Alacant en 1974, é un enxeñeiro técnico, sindicalista e político galego de Anova, do cal foi o portavoz nacional dende 2017 ata 2022.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro técnico en xardinería e hortofruticultura pola Escola Politécnica de Lugo, dedicouse á produción hortícola ecolóxica en Bergondo. Membro do Sindicato Labrego Galego, foi coordinador nacional do sector de horta (2006-2008) e forma parte da dirección nacional. É membro da Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos como representante do sector agrícola. Concelleiro en Bergondo dende 2007, foi candidato á alcaldía nas municipais de 2011 polo BNG. Militante e membro da Coordinadora Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista, é responsable da área de Medio Ambiente e sostibilidade. En 2012 foi candidato de Alternativa Galega de Esquerda ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña e foi elixido deputado. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado por En Marea.
No 2017, sucedeu a Xosé Manuel Beiras como portavoz nacional de Anova[1], exercendo como tal ata a súa dimisión en xullo de 2022.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (2017-03-19). "Beiras entrega el relevo en su partido al diputado Antón Sánchez con el encargo de unir izquierda y nacionalismo". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2025-12-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antón Sánchez García |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 24 de novembro de 2016 en Wayback Machine.
- Deputados do Parlamento de Galicia por En Marea
- Deputados do Parlamento de Galicia pola AGE
- Nados en Alacant
- Nados na diáspora galega
- Nados en 1974
- Políticos de Anova-Irmandade Nacionalista
- Políticos do BNG
- Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia