Xogos Olímpicos de 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xogos Olímpicos de Río de 2016»)
Xogos Olímpicos de 2016
SedeRío de Xaneiro, Brasil
LemaA new world
(portugués: Um mundo novo)
Nacións207[1]
Atletas11 238[1]
Eventos306 en 28 deportes (41 disciplinas)
Apertura5 de agosto de 2016
Clasura21 de agosto de 2016
Inaugurado porvicepresidente Michel Temer
Lapa olímpicaVanderlei Cordeiro de Lima
EstadioEstádio do Maracanã

Os Xogos Olímpicos de 2016, (en portugués: Jogos Olímpicos de Verão de 2016), oficialmente coñecidos como Xogos da XXXI Olimpíada ou máis comunmente coñecidos como Rio 2016, foron un evento multideportivo internacional celebrado no Río de Xaneiro, Brasil, dende o 5 ó 21 de agosto de 2016.

Proceso de candidatura[editar | editar a fonte]

O proceso de elección da sede dos Xogos Olímpicos de Verán de 2016 levouse a cabo entre 2007 e 2009 e contou coa participación de sete cidades de tres continentes. Outras pensaran participar no proceso, mais finalmente non se inscribiron.

O 13 de setembro de 2007 pechouse o prazo de inscrición. Dúas cidades americanas (Chicago e Río de Xaneiro), dúas asiáticas (Doha e Toquio) e tres europeas (Bakú, Madrid e Praga) oficializaron a súa candidatura. O 4 de xuño de 2008 o Comité Olímpico Internacional (COI) revelou o resultado das avaliacións preliminares das sete cidades postulantes, eliminando a Bakú, Praga e Doha, quedando as outras catro cidades como candidatas: Río de Xaneiro, Madrid, Toquio e Chicago.

A segunda fase comezou co Programa de Observación dos Xogos Olímpicos de 2008, en Beijing. Logo de elaborar o seu libro de candidatura e recibir a visita da Comisión Avaliadora do COI, as cidades candidatas participaron nun encontro en xuño, promovido por primeira vez na historia, cos membros do COI, que elixirían a sede dos Xogos de 2016.

En setembro de 2009, a Comisión Avaliadora divulgou as súas impresións sobre os proxectos finalistas. Toquio, a cidade que tiña a nota preliminar máis alta, perdeu o favoritismo, principalmente por mor dos baixos niveis de apoio popular que a candidatura recebia. Chicago sufriu coas protestas internas e as leis americanas. A candidatura de Madrid tivo o proxecto máis criticado, principalmente a causa da falta de claridade das leis antidopaxe no Estado español e da estrutura organizativa do comité local. As críticas fixeron facer cambios en moi pouco tempo aos representantes da candidatura, e mesmo co alcalde Alberto Ruiz-Gallardón xa admitindo a derrota, o Parlamento Español aprobou a alteración das leis antidopaxe do país poucos días antes da votación. Pola súa banda, a candidatura do Río de Xaneiro, a pesar de ter tido boas notas, tiña problemas cos aloxamentos e os transportes. As avaliacións foron consideradas equilibradas, non sendo posible ata aquela apuntar a ningunha cidade como favorita, nin polo presidente do COI, Jacques Rogge, nin polos membros da entidade, que tiñan o dereito de escoller a vencedora, así como por parte da prensa e sitios web especializados.

A elección[editar | editar a fonte]

A sede dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Verán de 2016 foi escollida o día 2 de outubro de 2009 en Copenhaguen (Dinamarca), durante a 121ª sesión do Comité Olímpico Internacional. Logo da eliminación das cidades de Chicago e Toquio na primeira e segunda votación respectivamente, chegaron á final as cidades de Madrid e Río de Xaneiro, saíndo vencedora na votación final a cidade brasileira ao acadar a maioría dos votos.

121ª sesión
Comité Olímpico Internacional
2 de outubro de 2009, no Bella Center, Copenhagen, Dinamarca.
Cidade Estado 1ª Rolda 2ª Rolda 3ª Rolda
Río de Xaneiro Brasil 26 46 66
Madrid España España 28 29 32
Toquio Xapón 22 20
Chicago Estados Unidos de América Estados Unidos 18

Deportes[editar | editar a fonte]

Nesta olimpiada haberá un total de 28 deportes. Logo da exclusión do beisbol e do sóftbol en Londres 2012, en Río 2016 incluiranse dous novos deportes: o golf e o rugby a 7. Tamén se incluirá unha nova modalidade da ximnasia, a ximnasia acrobática.

Sedes[editar | editar a fonte]

Os Xogos Olímpicos de Río disputaranse en catro zonas principais: Maracaná, Barra, Deodoro e Copacabana.

Maracaná[editar | editar a fonte]

Estádio do Maracanã.
Estadio Olímpico João Havelange.

Copacabana[editar | editar a fonte]

Barra[editar | editar a fonte]

Parque Acuático María Lenk.

Deodoro[editar | editar a fonte]

Centro Equestre Nacional.

Estadios de fútbol[editar | editar a fonte]

Estádio Nacional Mané Garrincha de Brasilia.

Ademais do Estadio Olímpico João Havelange e de Maracaná, os seguintes estadios acolleráan as primeiras roldas das competicións de fútbol:

Calendario[editar | editar a fonte]

Evento Mér
3
Xov
4
Ven
5
Sáb
6
Dom
7
Lun
8
Mar
9
Mér
10
Xov
11
Ven
12
Sáb
13
Dom
14
Lun
15
Mar
16
Mér
17
Xov
18
Ven
19
Sáb
20
Dom
21
TOT
Inauguración
Atletismo 3 5 4 5 5 4 6 7 7 1 47
Bádminton 1 1 2 1 5
Baloncesto 1 1 2
Balonmán 1 1 2
Boxeo 1 1 1 1 1 1 3 4 13
Ciclismo 1 1 2 1 2 2 1 1 3 2 1 1 18
Equitación 2 1 1 1 1 6
Esgrima 1 1 1 1 2 1 1 1 1 10
Fútbol 1 1 2
Golf 1 1 2
Halterofilia 1 2 2 2 2 2 1 1 1 1 15
Hóckey 1 1 2
Judo 2 2 2 2 2 2 2 14
Loita 2 2 2 3 3 2 2 2 18
Natación 4 4 4 4 4 4 4 4 1 1 34
Natación sincronizada 1 1 2
Péntatlon moderno 1 1 2
Piragüismo 1 1 2 4 4 4 16
Remo 2 4 4 4 14
Rugby a 7 1 1 2
Saltos de trampolín 1 1 1 1 1 1 1 1 8
Taekwondo 2 2 2 2 8
Tenis 1 1 3 5
Tenis de mesa 1 1 1 1 4
Tiro 2 2 2 1 2 1 2 2 1 15
Tiro con arco 1 1 1 1 4
Tríatlon 1 1 2
Vela 2 2 2 2 2 10
Voleibol 1 1 1 1 4
Wáter-polo 1 1 2
Ximnasia 1 1 1 1 1 1 4 3 3 1 1 18
Clausura
Evento 25 26 27 28 29 30 31 01 02 03 04 05 06 07 08 09 10 11 12 TOT

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Rio 2016 Summer Olympics – Results and Video Highlights". olympic.org. 17 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]