Vanderlei Cordeiro de Lima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vanderlei Cordeiro de Lima
Vanderlei-Cordeiro-de-Lima-2b.jpg
Nacemento11 de agosto de 1969
Lugar de nacementoCruzeiro do Oeste
NacionalidadeBrasil
Ocupaciónfondista
PremiosMedalha Pierre de Coubertin
Na rede
http://www.vanderleidelima.com.br/
IAAF: 10415 Olympic.org: vanderlei-de-lima Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vanderlei Cordeiro de Lima, nado en Cruzeiro do Oeste o 11 de agosto de 1969, é un atleta brasileiro, corredor do maratón e ex-bóia-fria,[1] termo co que se define a un traballador agrícola brasileiro que non é propietario da terra na que traballa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vanderlei participando nos actos previos aos Xogos Olímpicos do Río en 2016.

Deveu unha das celebridades dos Xogos Olímpicos de Atenas en 2004 cando, despois de liderar o maratón ata o quilómetro 36, foi abordado e derrubado por un fanático relixioso irlandés, o ex-sacerdote Cornelius Horan. Axudado por algúns espectadores da carreira, retornou á proba e aínda conseguiu garanti-la medalla de bronce da proba, sendo aplaudido de pé cando entrou no estadio Panathinaikós. Polo seu feito, Vanderlei, foi aínda agraciado pola medalla Pierre de Coubertin concedida para atletas que valorizan a competición olímpica máis do que a vitoria.

Antes de Vanderlei, o último atleta a recibi-la homenaxe tiña sido o velexador canadense Lawrence Lemieux, que nos Xogos Olímpicos de Seul, en 1988, abandonou a disputa da súa proba para salvar unha persoa que caera no mar.

En 2016 participou nos actos dos Xogos Olímpicos do Río de Xaneiro.

En 2016, acendendo a pira olímpica.

Títulos[editar | editar a fonte]

Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Bronce Atenas 2004 Maratón

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vanderlei Cordeiro de Lima - Que fim levou?". Terceiro Tempo (en portugués). Consultado o 2023-02-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]