Ian Thorpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ian Thorpe
Ian Thorpe 2012.jpg
Thorpe no 2011.
Información persoal
Alcume"Thorpedo", "Thorpey"
NacionalidadeAustralia Australia
Nacemento13 de outubro de 1982 (40 anos)
Sidney, Australia
Alma materEast Hills Boys High School
Altura1,96 m
Peso104 kg
Deporte
PaísAustralia
DeporteNatación, estilo libre
ClubSLC Aquadot
AdestradorDoug Frost (1995–2002)
Tracey Menzies (2002–2006)
Na rede
http://sel.com.au/client/ian-thorpe-oam/
IMDB: nm0861669 Facebook: IanThorpeOfficial Twitter: IanThorpe Olympic.org: ian-thorpe WikiTree: Thorpe-1162 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Competindo para Australia Australia:
Xogos Olímpicos
Ouro Sidney 2000 400m estilo libre
Ouro Sidney 2000 4x100 libres
Ouro Sidney 2000 4x200 libres
Ouro Atenas 2004 200m estilo libre
Ouro Atenas 2004 400m estilo libre
Prata Sidney 2000 200m estilo libre
Prata Sidney 2000 4x100 relevos
Prata Atenas 2004 4x200 libres
Bronce Atenas 2004 100m estilo libre

Ian James Thorpe, nado en Sidney o 13 de outubro de 1982, é un nadador Australiano especializado en estilo libre, pero que tamén compite nos estilos de costas e medley individuais. Na súa carreira deportiva gañou cinco medallas de ouro olímpicas, máis que ningún outro australiano, e con tres ouros e dúas pratas foi o atleta máis exitoso dos Xogos Olímpicos de 2000. Nos campionatos mundiais de 2001, converteuse na primeira persoa en gañar seis medallas de ouro nun único Campionato Mundial.[1] En total, Thorpe gañou 11 medallas de ouro en Campionatos Mundiais.[2] Thorpe foi tamén a primeira persoa en ser chamada Nadador do ano en catro ocasións,[3][4] e foi o nadador australiano do ano dende 1999 até 2003. Os seus resultados deportivos convertérono nun dos atletas de Australia máis populares, e foi recoñecido como Australiano Novo do Ano no 2000.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hunter, pp. 274–275.
  2. Grand Slam International (ed.). "Ian Thorpe". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2006. Consultado o 14 de novembro de 2006. 
  3. Hunter, p. viii.
  4. Swimming World Magazine (ed.). "Swimming World's – World Swimmers of the Year". Consultado o 29 de xaneiro de 2014. 
  5. National Australia Day Council (ed.). "Young Australian of the Year 2000". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]