Autogoberno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para outros usos deste termo, véxase Autonomía.

O autogoberno pode ser un concepto abstracto para se referir a un grupo ou individuo con autonomía que se rexe a si mesma, en que ningún poder externo ten autoridade mais en dereito, o autogoberno pode referirse a facultade do gobernarse por si a nacións, cidades e outras entidades no dereito público e a asociacións no dereito privado.

En filosofía política, cando se usa o termo autogoberno para referirse a un Estado adoita intercambiarse co de soberanía estatal, se é unha nación que procura a súa constitución en Estado co de autodeterminación, se é un territorio que procura gobernar os seus asuntos internos co de autonomía e se é unha cidade igualase a autonomía municipal. En cambio, cando o termo se refire ao proxecto político do anarquismo fai mención da orde legal voluntaria, dunha sociedade sen Estado, baseado na soberanía individual.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]