Bascuas, Vila de Cruces
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bascuas.
Bascuas | |
---|---|
Igrexa de Santa Mariña de Bascuas. | |
Concello | Vila de Cruces[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°46′41″N 8°17′23″O / 42.77813889, -8.28983333 |
Poboación | 114 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Bascuas é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 114 habitantes (57 mulleres e 57 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Cruza a parroquia o regato Breixa, que trae desde Carbia as súas augas ao río Deza.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial foi reconstruída en boa parte a finais do século XVIII. Na arquitectura civil destacan a Casa de Brandariz (que se fixo rica e arruinouse cos foros) e a Casa dos Cregos, que foi restaurada como albergue de turismo rural.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fachada da igrexa de Santa Mariña de Bascuas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bascuas
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Bascuas no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|
A Aldea de Riba | A Armada | Fondevila | A Igrexa | Os Mestres | Noveledo | Pena de Loureiro | O Porto | A Regueira | Suntullo |