Carbia, Vila de Cruces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carbia
Igrexa de San Xoán de Carbia, Vila de Cruces.JPG
Igrexa de San Xoán de Carbia.
ConcelloVila de Cruces
Poboación453 hab. (2011)
Entidades de poboación8

San Xoán de Carbia é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 453 habitantes (229 mulleres e 224 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 581 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia está flanqueada polos montes do Coto do Castelo, o de Alcobre e o Coto das Covas. O regato Breixa, á vez que rega os prados que acompañan o seu curso, move algúns vellos muíños, e outrora movía varios batáns, nunha terra con alta produción de liño.

O cume do monte Madanela (650 m) en días de boa visibilidade permite unha panorámica da Galicia interior, cun alcance de ata cincuenta quilómetros.

Historia[editar | editar a fonte]

No monte Alcobre, que xa mostraba un torreón no século XIII, foi elixido por un Fonseca no século XV para levantar sobre el unha efémera fortaleza.

A camposa cenital do monte Madanela estaba presidida no século XIV por unha capela adicada a Santa María Madalena; en 1493 foi aforada, co coto de Pastoriza, polo último abade de Carboeiro ao conde de Altamira. Na aba do monte Madanela hai un castro, A Eira dos Mouros, cun emprazamento nada estratéxico.

A parroquia foi capital tradicional da Terra de Carbia, e despois foi capital do concello chamado Carbia ata 1944. O 19 de setembro de 1944 a sede do concello trasladouse a Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xoán de Carbia foi construída en 1766 con intervención dos frades dominicos de Santiago, que deixaron nela o escudo da Orde como proba do seu señorío secular na parroquia (no lugar de Abealla queda o recordo da tulla dos frades, onde gardaban as súas rendas de cereais). Os emigrados da parroquia en América contribuíron no século XX para facer máis alta e esvelta a torre do templo.

Festas[editar | editar a fonte]

Ademais da festa patronal de San Xoán, o segundo sábado de setembro celébrase a romaría da Nosa Señora das Pedras, que antigamente tiña unha capela no lugar de Casal.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Carbia[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Carbia no concello de Vila de Cruces (Pontevedra)

Abealla | O Abollo | O Casal | Covas | Pastoriza | A Pena | Pousadoiro | Serrape

Parroquias de Vila de Cruces[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vila de Cruces

Añobre (San Pedro) | Arnego (Santa María) | Asorei (Santa María) | Bascuas (Santa Mariña) | Besexos (San Fiz) | Bodaño (San Mamede) | Brandariz (San Miguel) | Camanzo (San Salvador) | Carbia (San Xoán) | As Cruces (Nosa Señora da Piedade) | Cumeiro (San Pedro) | Duxame (San Miguel) | Ferreirós (San Xes) | Fontao (Santiago) | Gres (Santiago) | Larazo (San Xoán) | Loño (San Mamede) | Merza (Santa María) | Obra (San Tomé) | Oirós (Santa María) | Ollares (Santa María) | Piloño (Santa María) | Portodemouros (San Salvador) | Sabrexo (Santa María) | Salgueiros (San Pedro) | San Pedro de Losón (San Pedro) | San Tomé de Insua (San Tomé) | Toiriz (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]