Brandariz, Vila de Cruces
| Brandariz | |
|---|---|
Igrexa nova de San Miguel de Brandariz | |
| Concello | Vila de Cruces[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°48′41″N 8°18′24″O / 42.8114262, -8.3066219 |
| Poboación | 263 hab. (2012) |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Miguel de Brandariz é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 263 habitantes (135 homes e 128 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Houbo un mosteiro familiar fundado nos séculos X-XI. A primeira referencia é de 1087, cando a infanta Elvira o inclúe nunha doazón que fai á igrexa de Santiago. Puido depender do veciño mosteiro de Piloño, e correu a mesma sorte ao incorporarse os seus monxes ao mosteiro de Camanzo.
A igrexa de San Miguel de Brandariz foi levantada en 1732 polos mercedarios de Conxo, mais a mediados do século XX construíuse un novo templo en Vilar, no lugar onde existía unha capela dedicada a San Roque.[2] No lugar de Pinlle, hai unha capela dedicada a San Bieito.[3]
A Casa dos Castro ten escudo e escalinata de época.
A Mascarada, unha celebración do Entroido, foi moi famosa.
Hai unha lenda dunha espada de ouro guindada ao río Ulla para honrar a memoria dun guerreiro[4].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Capela de San Bieito en Pinlle.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Daniel González Alén (25 de agosto de 2019). "Brandariz, imaxes antigas e igrexa moderna". La Voz de Galicia.
- ↑ Daniel González Alén (17 de xullo de 2019). "O San Benito de Pinlle e o risco de futuro". La Voz de Galicia.
- ↑ "Aparece unha lenda inédita: a lenda da espada de Brandomés, en Vila de Cruces", artigo no blog Palabras de Pedra, 11 de febreiro de 2014.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Brandariz
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Brandariz no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
|---|---|