Portodemouros, Vila de Cruces
| Portodemouros | |
|---|---|
Presa do encoro de Portodemouros, que toma o nome da parroquia | |
| Concello | Vila de Cruces[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°51′08″N 8°10′46″O / 42.85223572, -8.17948399 |
| Poboación | 30 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 2[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A parroquia de San Salvador de Portodemouros está situada ao noroeste do concello de Vila de Cruces, Portodemouros é unha das máis pequenas parroquias do concello.
Características
[editar | editar a fonte]O seu relevo é fortemente pronunciado cara ao norte, é dicir cara ao río Ulla, que nesta parte do seu percorrido está estancado no encoro de Portodemouros que toma o seu nome desta parroquia.
Parte do territorio de Portodemouros atópase na actualidade debaixo da auga, pero o encoro non afectou a ningún lugar da parroquia que ten dous (Arxe é Outeiro).
Na igrexa parroquial, dedicada ao San Salvador, celébrase tamén a festa de San Ramón.
No lugar de Outeiro naceu Luis Otero Pimentel, escritor e militar, Gobernador da provincia de Manzanillo, no ano 1898 en plena guerra de Cuba, escribiu un libro de poesía titulado As campanas de Duxame, dedicado á lindante parroquia de Duxame.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Portodemouros
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Portodemouros no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
|---|---|