Cumeiro, Vila de Cruces
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cumeiro.
| Cumeiro | |
|---|---|
Igrexa de San Pedro de Cumeiro. | |
| Concello | Vila de Cruces[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°48′32″N 8°10′48″O / 42.80885196, -8.18010623 |
| Poboación | 221 hab. (2011) |
| Entidades de poboación | 8[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Pedro de Cumeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 221 habitantes (110 mulleres e 111 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.
Nesta parroquia naceu o xornalista e escritor Alfredo García Ramos.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Castro de Cumeiro, descrito por Florentino Cuevillas, hoxe practicamente destruído.
- A igrexa de San Pedro de Cumeiro foi construída en 1782 polos señores da Casa de Altamira como capela maior. No interior hai dous sepulcros con inscrición ilexible.
- Casa de Altamira, cos principais elementos do terreo fidalgo: capela, cheminea, pombal e ciprés. A capela está acaroada á casa e coroada por unha espadana barroca, ten escudo de armas e unha inscrición co nome do construtor: "Hizo esta capilla D. Gregorio Francisco de Ponte y Monterroso, cura de Cumeiro y anexos. Año de 1777".
- Cruceiro de Riocabo, que marca o antigo camiño de ferradura que levaba a Santiago de Compostela.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa e cemiterio de Cumeiro.
- Igrexa de Cumeiro.
- Imaxe de San Pedro na fachada da igrexa de Cumeiro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cumeiro
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Cumeiro no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Carballal | O Castro de Cumeiro | Cumeiro | Fontemaor | Garnil | Navaza | Pampín | O Penedo |