Obra, Vila de Cruces
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Obra.
| Obra | |
|---|---|
Igrexa de San Tomé de Obra. | |
| Concello | Vila de Cruces[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°49′55″N 8°20′12″O / 42.83185615, -8.3365972 |
| Poboación | 93 hab. (2012) |
| Entidades de poboación | 1[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Tomé de Obra é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 93 habitantes (51 mulleres e 42 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia ocupa unha península rodeada polo río Ulla, que salva aquí unha ponte de recente construción, e a antiga ponte recentemente restaurada para o uso peonil
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Denominada Ouria nos documentos medievais, a comezos do século XII o arcebispo Xelmírez propiciou a construción da igrexa parroquial, que se pode supoñer de factura románica, aínda que o templo actual non conserva nada da súa fábrica primitiva.
Na insua da Peregrina creouse a area recreativa de Remesquide.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Placa na insua da Peregrina.
-
Insua da Peregrina.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Obra
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Obra no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
|---|---|