Bodaño, Vila de Cruces
Aparencia
| Bodaño | |
|---|---|
Igrexa de San Mamede de Bodaño. | |
| Concello | Vila de Cruces[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°45′25″N 8°11′55″O / 42.75684106, -8.19863384 |
| Poboación | 141 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 10[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Mamede de Bodaño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2009 tiña 162 habitantes (85 mulleres e 77 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]A parroquia figura como "Castro Bodaño" nunha doazón ao mosteiro de Sobrado en 959. En 1159 foi incorporada por Fernando II ao coto de Carboeiro.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Mamede de Bodaño, conserva restos da súa fábrica románica.
- Muíños da Eirexe, tres muíños que aproveitan a mesma auga situados na canle do regato do Chirlo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Sancristía da igrexa de Bodaño.
- Ábsida da igrexa de Bodaño.
- Canzorros da igrexa de Bodaño.
- Porta da igrexa de Bodaño.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bodaño
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Bodaño no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Agra | A Aldea | Casmartiño | Castrelo | Caveiroa | Caxade | Cima da Aldea | O Pumar | Susovila | Xestosa |