Salgueiros, Vila de Cruces
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Salgueiros.
Salgueiros | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Salgueiros. | |
Concello | Vila de Cruces[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 195 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Salgueiros é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE de 2011 tiña 195 habitantes (114 mulleres e 81 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 251 habitantes.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A parroquia de Salgueiros está situada na ribeira do Ulla. Para cruzar o río, existe unha ponte de cemento, pero antes cruzábase pola ponte de Basebe, de madeira.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Ten dous castros, un deles coñecido como A Croa. A igrexa de San Pedro de Salgueiros é barroca. Existe tamén unha ermida dedicada á Santa Cruz.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Salgueiros[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Salgueiros no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|
Barreiros | Lareo | Penasgarfas | O Penedo | O Valado |