San Tomé de Insua, Vila de Cruces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Tomé de Insua
O río Ulla na vella ponte San Xusto.JPG
O río Ulla ao seu paso pola vella ponte San Xusto asolagada.
Concello Vila de Cruces
Poboación 131 hab. (2012)
Entidades de poboación 8

San Tomé de Insua é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2012 tiña 131 habitantes (71 mulleres e 60 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 220 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia ocupa unha franxa do río Arnego, de chan fértil pero difícil de cultivar pola súa configuración. A súa climatoloxía morna permítelle gozar de grandes masas forestais.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome de Insua procede da medieval Insula Laonio, un territorio propiedade da Igrexa de Santiago cando menos desde o século XI, que estaba limitado ó norte pola confluencia do Arnego co Ulla e tiña a súa fronteira meridional na Serra do Carrio.

Na memoria local pervive o recordo da poderosa casa dos Lodeiros de Xordedo, que cobraban en renda un quinto de todos os cereais colleitados entre a taberna de Rebordaos e o coto da Madanela.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

En Insua está a ponte de San Xusto, que ata os anos sesenta era o único lugar que permitía cruzar o Ulla, a miúdo con grandes riscos. Foi arrasada e reconstruída en numerosas ocasións desde a Idade Media.

Hai unha ermida en Xordedo dedicada á Santa Cruz e outra en Dorvisón dedicada á Virxe das Dores.

Festas[editar | editar a fonte]

Na ermida da Santa Cruz celébrase unha romaría o 14 de setembro. Era un vello costume que na fonte que mana ao seu lado colleran os devotos auga para bendicir os seus campos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Tomé de Insua[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Tomé de Insua no concello de Vila de Cruces (Pontevedra)

Castro | O Couto | Dorvisón | Nogueiras | Souto | Vilanova | Vilar | Xordedo

Parroquias de Vila de Cruces[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vila de Cruces

Añobre (San Pedro) | Arnego (Santa María) | Asorei (Santa María) | Bascuas (Santa Mariña) | Besexos (San Fiz) | Bodaño (San Mamede) | Brandariz (San Miguel) | Camanzo (San Salvador) | Carbia (San Xoán) | As Cruces (Nosa Señora da Piedade) | Cumeiro (San Pedro) | Duxame (San Miguel) | Ferreirós (San Xes) | Fontao (Santiago) | Gres (Santiago) | Larazo (San Xoán) | Loño (San Mamede) | Merza (Santa María) | Obra (San Tomé) | Oirós (Santa María) | Ollares (Santa María) | Piloño (Santa María) | Portodemouros (San Salvador) | Sabrexo (Santa María) | Salgueiros (San Pedro) | San Pedro de Losón (San Pedro) | San Tomé de Insua (San Tomé) | Toiriz (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]