Unha minoría[1] ou grupo minoritario refírese a unha categoría de persoas que experimentan unha desvantaxe relativa en comparanza cos membros dun grupo social dominante.[2] A membresía dun grupo minoritario xeralmente baséase en diferenzas nas características ou prácticas observábeis, tales como: sexo, etnia, raza, relixión, discapacidade, identidade de xénero ou orientación sexual.[3] Utilizando o marco de interseccionalidade, é importante recoñecer que un individuo pode ser membro de múltiples grupos minoritarios ao tempo (por exemplo, unha minoría racial e relixiosa). Do mesmo xeito, os individuos tamén poden ser parte dun grupo minoritario con respecto a algunhas características, mais parte dun grupo dominante con respecto a outros.[4]