Saltar ao contido

Rea (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rea
 Instancia de
 Epónimo
 Astro pai
 Astro fillo
Características orbitais
Excentricidade orbital0,001 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital0,345 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital4,518 DD Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior527.070 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro1.527 km Editar o valor en Wikidata
Radio764,3 km Editar o valor en Wikidata
Masa2,3065 Yg Editar o valor en Wikidata
Densidade1,237 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Gravidade superficial0,26 m/s² Editar o valor en Wikidata
Superficie7.325.342 km² Editar o valor en Wikidata
Albedo0,65 Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente10 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
23 de decembro de 1672
1672 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF244200593 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0g93n Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Rea é o segundo satélite de Saturno pola súa masa, e o décimo cuarto máis afastado do planeta (uns 527.000 km); tarda uns 4,5 días terrestres en completar un xiro.

A súa órbita é case circular e lixeiramente inclinada con respecto ao ecuador de Saturno.

É esférico e mide uns 1.529 km de diámetro, aproximadamente a metade que a Lúa, o que o converte no segundo maior satélite de Saturno. Crese que ten un núcleo rochoso que supón algo menos dunha terceira parte do diámetro, e manto e cortiza compostos por auga xeada e impurezas diversas.

Foi descuberto en 1672 polo astrónomo francés Jean-Dominique Cassini, que lle deu o nome da figura mitolóxica grega Rea, irmá e esposa de Cronos (Saturno no panteón romano). A lúa foi fotografada pola sonda estadounidense Voyager 1 en novembro de 1980, cando esta pasou polo sistema de Saturno.

Características físicas

[editar | editar a fonte]

Rea é unha lúa xeada cunha densidade de aproximadamente 1,24 kg/m3. Esta densidade indica que Rea teña probablemente un núcleo rochoso o cal contén un terzo da súa masa, co resto composto dunha combinación de auga-xeo.

As características físicas de Rea aseméllanse ás de Dione, con hemisferios diferentes, o cal suxire composicións e historias similares. A temperatura en Rea oscila entre 53 e 99 K (-220 °C e -174 °C).

A superficie de Rea está altamente craterizada e ten marcas lineais, brillantes e difusas; pénsase que estas liñas foron producidas por material exectado durante a formación de grandes cráteres, como Tirawa, de 375 km de diámetro (o cal é visible na parte superior da imaxe de Rea, arriba).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]