Cinto de asteroides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Cinto de asteroides é unha zona do espazo entre Marte e Xúpiter onde se localiza un gran número de asteroides. O maior deles é 1 Ceres.

É o cinto principal de asteroides, xa que existen concentracións de planetoides en áreas como, por exemplo, o espazo entre Xúpiter e Neptuno, onde se localizan os centauros.

Orixe[editar | editar a fonte]

Crese que, durante o primeiro millón de anos da historia do sistema solar, os planetas formáronse por agregación de planetésimos. As colisións sucesivas levaron aos típicos planetas rochosos e aos de núcleo gasoso.

No entanto, nesta zona do sistema, a forte gravidade de Xúpiter imposibilitou as últimas fases, e os planetésimos non conseguiron agruparse nun único planeta. Así, continuaron a orbitar o Sol como antes. Neste sentido, o cinto de asteroides pode ser considerado unha reliquia do sistema solar primitivo, aínda que moitas observacións apunten a unha evolución das condicións físicas, polo que os asteroides non poden ser considerados como obxectos estáticos. Pola contra, crese que os obxectos do cinto de Kuiper sofriron poucas alteracións desde a formación do sistema solar.

Lista de asteroides identificados[editar | editar a fonte]

(Lista incompleta)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Lista de asteroides