Asteroide troiano
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Os asteroides troianos son un grupo de asteroides que comparten órbita cun planeta ou satélite maior arredor dos puntos de Lagrange estables L4 e L5 (puntos troianos), os cales están situados aproximadamente 60° cara a adiante e 60° cara a atrás do planeta na súa órbita, respectivamente. Os asteroides troianos están distribuídos en dúas rexións alongadas e curvadas arredor destes puntos de Lagrange cunha media de semieixo maior dunhas 5,2 UA.[1] O primeiro asteroide troiano da órbita da Terra, chamado 2010 TK7, descubriuse no ano 2010 e fíxose público no ano 2011.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Yoshida, F.; Nakamura, T (2005). "Size distribution of faint L4 Trojan asteroids". The Astronomical journal 130: 2900–11. Bibcode:2005AJ....130.2900Y. doi:10.1086/497571.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asteroide troiano |