38628 Huya
| 38628 Huya | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||
|
Subclase de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Designación provisional
| |||||||
|
Época
| |||||||
|
Astro pai
| |||||||
|
Astro fillo
| |||||||
|
Grupo menor
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Apoapse | 51,114 AU e 49,913484016432 AU | ||||||
| Periastro | 28,5382827 AU e 28,513096889158 AU | ||||||
| Argumento de periastro | 68,01795 ° e 67,505025754174 ° | ||||||
| Excentricidade orbital | 0,2816992, 0,2834242 e 0,27287160654161 | ||||||
| Inclinación orbital | 15,487 °, 15,46688 ° e 15,476970920464 ° | ||||||
| Período orbital | 251 a e 89.690,894678149 d | ||||||
| Período de rotación | 5,28 h | ||||||
| Semieixo maior | 39,7634548 AU e 39,213290452795 AU | ||||||
| Lonxitude do nó ascendente | 169,27085 ° e 169,31253840768 ° | ||||||
| Anomalía media | 4,39405 ° e 16,029474217599 ° | ||||||
| Tempo de periapse | 2.457.006,8947672 | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Diámetro | 414,7 km, 218,05 km e 187,5 km | ||||||
| Radio | 203 km | ||||||
| Densidade | 1,073 g/cm³ | ||||||
| Volume | 3,7 km³ | ||||||
| Albedo | 0,08 | ||||||
| Magnitude aparente | 19,8 | ||||||
| Magnitude absoluta | 4,8 e 4,79 | ||||||
| Achatamento | 0,14 | ||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Descubridor/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Acontecementos
| |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
|
Precedido por
| |||||||
|
Sucedido por
| |||||||
| Localización | |||||||
|
Localización descubrimento
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
38628 Huya é un obxecto trans-neptuniano (TNO). Foi descuberto en marzo do 2000 por Ignacio Ferrin e o seu descubrimento foi anunciado o 24 de outubro do 2000. Está clasificado coma plutino, os cales están en resonancia orbital de 2:3 con Neptuno.[1] Co telescopio Telescopio Espacial Spitzer estimouse que tiña un diámetro de 532 ± 25 km,[2] o que fai del un posible candidato a planeta anano. Esperase que os obxectos trans-neptunianos sexan esféricos a diámetros ó redor dos 400 kms, .[3]
Recibiría o nome de Huya, que provén de Juyá, o deus wayuu da choiva, recibiu este nome por parte da Unión Astronómica Internacional (UAI) en agosto do 2003.
Características físicas
[editar | editar a fonte]No momento do seu descubrimento, Huya era o obxecto trans-neptuniano máis grande é brillante atopado, coa evidente excepción de Plutón. Foi atopado usando os datos recollidos polo observatorio do CIDA en Venezuela. O Telescopio Espacial Spitzer estimou o diámetro de Huya nuns 530 km cun albedo bastante baixo de 0,05.[2]
O obxecto ten unha forte marca nas liñas pertencentes ó vermello no espectro visible e no infravermello próximo, o que suxire que a súa superficie sexa rica en materiais orgánicos coma as tolinas.[4] Existe unha banda larga de absorción preto dos 2 μm que posiblemente pertenzan a xeo de auga ou a algún material alterado pola presenza de auga e tamén podería existir liñas de absorción preto dos 0,6–0,8 μm, o cal podería corresponderse con silicatos alterados pola presenza de auga.[5]
Órbita e rotación
[editar | editar a fonte]Huya está actualmente a unhas 28,7 UAs respecto do Sol,[6] e acadará ó seu perihelio (q=28,52 UAs) no ano 2015.[7] Isto significa que este candidato a planeta anano está actualmente dentro da órbita de Neptuno. Coma Plutón, este plutino gasta parte do máis pechado da súa órbita ó redor do Sol tan preto de Neptuno, que o planeta controla ás súas órbitas mediante unha resonancia orbital. En xullo do ano 2029 Huya estará no momento de maior proximidade tanto do Sol coma de Neptuno.[nota 1][8] Simulacións feitas polo programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosan que nos próximos 10 millóns de anos, Huya podería acadar un perihelio (qmin) dunha distancia inferior á 27,28 UA.[1] Os plutinos (15875) 1996 TP66 e (120216) 2004 EW95 aínda acadarían unha maior aproximación ó Sol.

Dada as grandes órbitas que teñen os obxectos trans-neptunianos ó redor do Sol, Huya está en oposición a primeiros de maio de cada ano, cunha magnitude aparente de 19,3.[6] Huya foi observado 131 veces, incluíndo imaxes recuperadas, dende o ano 1996.[7] O período de rotación de Huya é descoñecido.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fágase notar que esta proximidade é vendo ó Sol e a Neptuno coma un conxunto respecto de Huya, non se refire a distancia máis próxima ó Sol e a Neptuno por separado.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Marc W. Buie (22-04-2007). SwRI (Space Science Department), ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 38628". Consultado o 17-07-2008.
- 1 2 John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot (2007). "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope". University of Arizona, Lowell Observatory, California Institute of Technology, NASA Ames Research Center, Southwest Research Institute, Cornell University. Consultado o 24-07-2008.
- ↑ Mike Brown. "The Dwarf Planets". Consultado o 20-01-2008.
- ↑ Licandro (07/2001). Astronomy and Astrophysics, v.373, p.L29-L32 (2001), ed. "NICS-TNG infrared spectroscopy of trans-neptunian objects 2000 EB173 and 2000 WR106". Consultado o 17-10-2007.
- ↑ de Bergh, C., Boehnhardt, H.; Barucci, M.A. e o seu equipo. (2004). "Aqueous altered silicates at the surface of two Plutinos?". Astronomy and Astrophysics 416: 791–798. doi:10.1051/0004-6361:20031727.
- 1 2 Department of Mathematics, University of Pisa, Italy (ed.). "AstDys (38628) Huya Ephemerides". Consultado o 22-03-2009.
- 1 2 "JPL Small-Body Database Browser: 38628 Huya (2000 EB173)". 13-06-2009 últimas observacións. Consultado o 17-07-2008.
- ↑ California Institute of Technology, Jet Propulsion Laboratory (ed.). "Horizon Online Ephemeris System". Consultado o 23-03-2009.
- ↑ Sheppard, Scott S.; Lacerda, Pedro; Ortiz, Jose L. (2008). "Photometric Lightcurves of Transneptunian Objects and Centaurs: Rotations, Shapes, and Densities". En M. Barucci, A.; Boehnhardt,H.; Cruikshank, D.P.; et al. The Solar System Beyond Neptune (PDF). University of Arizona Press. pp. 129–142. ISBN 978-0-8165-2755-7. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 05 de marzo de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris (en inglés)
- 37th DPS: Albedos, Diameters (and a Density) of Kuiper Belt and Centaur Objects (en inglés)
- Planet 10? Tiny 'Plutino' Almost Qualifies (en inglés)
- Discovery of a bright Trans-Neptunian Object (Yale) (en inglés)
- From the Rain Forest to Planet Huya (en inglés)
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 38628 Huya |
