Saltar ao contido

Fobos (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fobos
 Instancia de
 Epónimo
Fobos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,0151 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital26,04 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital0,3189 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior9.377,1 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro22,5 km Editar o valor en Wikidata
Masa10,66 Eg Editar o valor en Wikidata
Densidade1,876 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Gravidade superficial0,0057 m/s² Editar o valor en Wikidata
Albedo0,071 Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente11,8 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
18 de agosto de 1877
17 de agosto de 1877 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización descubrimento
Códigos e identificadores
VIAF237373955 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dxqj Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

Fobos ou Marte I é un satélite de Marte descuberto o 18 de agosto de 1877 polo norteamericano Asaph Hall desde o observatorio de Washington. Fobos é o satélite máis grande de Marte, aínda que só ten uns 27 km de diámetro e está, por tanto, entre os máis pequenos do sistema solar. Ten un período de 7 horas e 39 minutos e pasa polo ceo do planeta vermello 3 veces ao día. A súa superficie componse de rocha rica en carbono e po, e está moi marcada por cráteres, o meirande deles denominado Stickney que foi o resultado da colisión con outro obxecto que estivo a piques de esnaquizar esta lúa.

Fobos sempre presenta a mesma cara a Marte debido ás forzas de marea que o planeta exerce sobre o seu satélite. Esta mesma forza provoca que Fobos se achegue cada vez máis a Marte. Esta proximidade (6.000 km da superficie de Marte, sendo así o satélite máis próximo ao seu corpo primario) indica que Fobos está sentenciado: nuns 40 millóns de anos caerá sobre Marte provocándolle un novo cráter na súa superficie ou, pola contra, poderíase destruír sen ter que precipitarse sobre o planeta creando un anel de pequenos corpos en órbita.

Ao igual que Deimos, pénsase que Fobos é un asteroide que na súa órbita quedou atrapado pola forza gravitacional de Marte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]