Satélite asteroidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Imaxe do asteroide (243) Ida e o seu satélite Dactyl realizada pola sonda Galileo.

Un satélite asteroidal é un asteroide que xira arredor doutro asteroide. Os asteroides con satélites grandes adoitan chamarse asteroides binarios.

O termo asteroide dobre emprégase en ocasións para os sistemas nos que o asteroide e o seu satélite son aproximadamente do mesmo tamaño. Un exemplo dun asteroide dobre é 90 Antiope, onde dous compoñentes iguais en tamaño xiran arredor dun centro de gravidade común.

Formación[editar | editar a fonte]

A orixe dos satélites asteroidales non se coñece con seguridade e existen varias posibilidades. Unha teoría amplamente aceptada é que estes satélites se formaron a partir dos restos expulsados do asteroide primario tras dun impacto. Poden formarse outros emparellamentos cando un asteroide pequeno é capturado pola gravidade dun maior.

Descubrimento[editar | editar a fonte]

O primeiro satélite asteroidal identificado foi Dactyl, que xira arredor de Ida. Descubriuno a sonda Galileo en 1993. O segundo descubriuse arredor de Eugenia en 1998. Descubríronse uns 37 satélites asteroidales con telescopios dende a Tierra.

Descubríronse satélites asteroidais orbitandeo o cinto de asteroides, os asteroides troianos, os asteroides Apolo e o Cinto de Kuiper. En 2005 descubríronse dous satélites xirando arredor do asteroide Silvia, o que o converte no primeiro asteroide triplo coñecido.

Asteroides con satélites[editar | editar a fonte]

Na seguinte listaxe aparecen algúns dos asteroides máis destacados que posúen satélites. Ata xuño de 2015 identificáranse 258 asteroides neste grupo.[1]

Nome Tipo orbital Diámetro (km) Nome do satélite Diámetro do satélite (km) Distancia entre a parella (km)
(22) Caliope cinto principal 181 (22) 1 Linus 38 1.063
(45) Eugenia cinto principal 215 (45) 1 Petit Prince 13 1.190
(87) Silvia cinto principal 261 (87) 1 Rómulo 15 1.370
(87) Silvia cinto principal 261 (87) 2 Remo 7 706
(90) Antíope cinto principal 85 S/2000 (90) 1 85 170
(107) Camila cinto principal 223 S/2001 (107) 1 9 1.000
(121) Hermiona cinto principal 209 S/2002 (121) 1 13 795
(243) Ida cinto principal 108 (243) 1 Dactyl 1,4 108
(283) Emma cinto principal 148 S/2003 (283) 1 12 370
(617) Patroclo asteroide troiano 105 S/2001 (617) 1 95 610
(762) Pulcova cinto principal 137 S/2000 (762) 1 20 810
(1509) Esclangona cinto principal 12 S/2003 (1509) 1 4 140
(3671) Dionysus Asteroides Apolo 7 S/1997 (3671) 1 0,4 140
(3749) Balam cinto principal 1,5 S/2002 (3749) 1 1,5 350
(26308) 1998 SM165 Obxecto transneptuniano 465 S/2001 (26308) 1 180 6.000
(47171) 1999 TC36 Plutino 680 S/2001 (47171) 1 290 8.000
(66391) 1999 KW4 Asteroides Apolo 1,2 S/2001 (66391) 1 0,4 2,2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wm. Robert Johnston. "Asteroides con satélites". Johnston's Archive. Consultado o 20 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]